Os socialistas censuran a cesión de datos dos doentes do Sergas á sanidade privada por “inmoral e de dubidosa legalidade”

Os socialistas censuran a cesión de datos dos doentes do Sergas á sanidade privada por “inmoral e de dubidosa legalidade”

Os socialistas censuran a cesión de datos dos doentes do Sergas á sanidade privada por “inmoral e de dubidosa legalidade”

Carmen Acuña esíxelle ao goberno galego un informe da Axencia Estatal de Protección de Datos sobre a legalidade da conexión da rede da sanidade galega cos centros concertados imposta pola Xunta

Hospital Clínico santiago (Chus)A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, denunciou hoxe a cesión das historias clínicas custodiadas polo Sergas á sanidade privada, que cualificou de “inmoral e de dubidosa legalidade”. A responsable socialista presentou unha Proposición non de Lei na que lle esixe ao goberno galego que xustifique a súa decisión cun informe da Axencia Estatal de Protección de Datos.

A deputada socialista criticou que na Memoria dos Orzamentos da Consellería de Sanidade para o ano 2014 se recolla que os centros sanitarios concertados van ter libre acceso á historia clínica dos doentes do sistema público “dende calquera centro privado, tanto sanitario como sociosanitario”. Este texto recolle explicitamente, explica, que “conectarase a rede do Servizo Público de Saúde cos centros concertados”.

Acuña advirte da dubidosa legalidade desta decisións, pois “ata agora a Administración Autonómica, con competencia en sanidade, é a responsable de protexer a información sobre a saúde e a enfermidade dos cidadáns”.

Sinala que dita información está protexida pola Lei de Protección de Datos, e o sistema público de saúde non pode romper a cadea de custodia, pois resulta “información moi sensible para extorsionar a persoas senón se fixera un bo uso da mesma”.

Compañías de seguros

A responsable socialista critica que esta cesión de datos íntimos sería mesmo “interesante entre outros para compañías de seguros que poderían rexeitar solicitudes de pólizas á vista de certos datos”.

Por este motivo, reclama á Xunta que “presente na Cámara galega un informe da Axencia Estatal de Protección de Datos sobre a cesión das historias clínicas do sistema sanitario público á rede sanitaria e sociosanitaria privada”.

Acuña advirte que esta decisión forma parte dunha serie de decisións do goberno galego “que revelan as intencións privatizadoras deste Goberno”, como é a decisión de modificar a colaboración cos centros privados, pasando de colaboracións puntuais e complementarias a acordos e convenios a longo prazo, ademais da cesión dos datos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar