Os socialistas atribúen o aumento do paro en Galicia ao fracaso da estratexia económica e a ausencia de políticas activas de emprego

Os socialistas atribúen o aumento do paro en Galicia ao fracaso da estratexia económica e a ausencia de políticas activas de emprego

Os socialistas atribúen o aumento do paro en Galicia ao fracaso da estratexia económica e a ausencia de políticas activas de emprego

Reclaman atención sobre o descenso na afiliación á SS, dous puntos por riba da media estatal. Acusan a Rajoy e Feijóo de perseverar nos erros nos Orzamentos poñendo en risco o sistema público de pensións, porque o obxectivo do PP é privatizalo

Os recortes de 2009 a 2014 en políticas de emprego nos Orzamentos é de case un 60%

O portavoz parlamentario, Méndez Romeu, pediu a comparecencia no Pleno do Presidente Feijóo para que explique a política laboral, iniciativa que foi rexeitada polos populares na Xunta de Portavoces

jlméndezOs socialistas galegos ven nos datos do paro rexistrado no mes de outubro de 2013, que recolle un incremento do 2,87%, 7.472 persoas (maior ao de España, que foi do 1,84%) o “fracaso” da política económica do Partido Popular e a “ausencia” de políticas activas de emprego do Goberno de Feijóo.

Salienta o PSdeG que o número de persoas paradas rexistradas é, para Galicia, o maior que o correspondente a calquera mes de outubro desde 1996, ano no que comeza a facerse o rexistro do desemprego.

O portavoz socialista, José Luis Méndez Romeu, destacou a coincidencia da tendencia que xa marcara a EPA, e que salienta un comportamento do emprego peor ao da media do Estado. O voceiro socialista demandou a comparecencia do Presidente Feijóo no Pleno para que explique a política laboral da Xunta, o que foi rexeitado pola maioría popular na Xunta de Portavoces.

Os socialistas perciben tamén un peor comportamento do emprego en Galicia que na medida de España ao longo de todo o período de Goberno de Núñez Feijóo. Así o incremento de paro rexistrado nos últimos catro anos foi de +28,36% en Galicia e de +26,34% en España. Isto reflíctese nun incremento de máis de 60.000 persoas.

En canto á afiliación á Seguridade Social, a outubro de 2013, Galicia contaba con 921.332 persoas afiliadas. Os socialistas salientan que a variación anual negativa é de 23.741 afiliados menos. Neste caso, como denuncian desde o PSdeG, a caída é superior en Galicia (- 2,51%) que na media do Estado (- 2,25%).

Os socialistas galegos manifestan a súa “fonda preocupación” polo incremento do desemprego, un dato “moi negativo” e “moi significativo de cal é a situación económica do país”. O PSdeG responsabiliza ás políticas do Partido Popular destes datos e censuran que os Orzamentos do Estado e da Comunidade Autónoma veñan constatar a ausencia de rectificación nos executivos de Rajoy e de Feijóo.

Acusan aos populares de perseverar nun erro que traerá “máis recesión e máis destrución de emprego” e “seguirá traendo consecuencias sobre os máis débiles”, especialmente sobre as pensións.

Denuncian que, no período que goberna Feijóo en Galicia, 09-14, o recorte acumulado en políticas activas contra o paro é de 238 M€, un 56,47%. O montante total de recortes, en euros por parado, é do 74% no mesmo período.

Sinalan tamén que o comportamento da afiliación á Seguridade Social é o dato fundamental que sostén o sistema público de pensións, afectado pola “espectacular” caída dos afiliados e a diminución da competitividade pola devaluación interna consecuencia da baixa dos salarios. O PSdeG ve detrás destes elementos depresivos os argumentos do PP para “facer o que sempre quixo: privatizar o sistema público de pensións”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar