Os socialistas asinan a declaración institucional colectivo para a restitución do dereito universal á saúde

Os socialistas asinan a declaración institucional colectivo para a restitución do dereito universal á saúde

Os socialistas asinan a declaración institucional colectivo para a restitución do dereito universal á saúde

A secretaria de Organización do PSdeG-PSOE, Pilar Cancela, foi a encargada de representar a todo o socialismo galego na sinatura da Declaración Institucional pola Universalidade do Dereito á Saúde, presentada en Santiago. O manifesto foi impulsado polos colectivos sociais e sanitarios Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria -Agamfex-, o Foro Galego da Inmigración, Médicos do Mundo, a sociación de estudantes de Medicina Meiga e SOS Sanidade Pública.

Ademais dos socialistas galegos, tamén participaron as formacións políticas BNG, Anova, Esquerda Unida e Podemos Galicia.

A coordinadora de Médicos do Mundo en Galicia, Iria Gippini, subliñou en declaracións a Europa Press que o texto responde á denuncia da xestión sanitaria derivada do Real Decreto 16/2012 de medidas urxentes que "na práctica supuxo a exclusión de ducias de milleiros de persoas".

Coa sinatura do convenio, os socialistas galegos comprométense a incluír no seu programa electoral medidas concretas que garantan o pleno acceso e dereito ao sistema sanitario de menores, embarazadas, vítimas de trata e solicitantes de asilo, respectando así os tratados internacionais ratificados polo Estado.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar