Os socialistas aseguran que Feijoo puxo á xuventude galega no “primeiro plano da política de emigración”

Os socialistas aseguran que Feijoo puxo á xuventude galega no “primeiro plano da política de emigración”

Os socialistas aseguran que Feijoo puxo á xuventude galega no “primeiro plano da política de emigración”

A Secretaria Xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia, María Torres
Pose, asegurou que Feijoo “puxo á xuventude galega no primeiro plano da
política de emigración”,en vez de poñela, como era o seu obxectivo, “no
primeiro plano”. A socialista presentou a nova campaña de denuncia da formación
xuvenil en contra das “políticas regresivas” de Feijoo contra a mocidade galega.

Trátase dun vídeo que recorda á serie americana “The walking dead” e que
leva por título “The work is dead”, onde representan a xóvenes traballadores
galegos que se atopan no paro. O vídeo difundirase nas redes sociais.

A Secretaria Xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia lamentou que
hoxe en día hai “51.967 mozos e mozas en paro” e “un de cada tres mozos que
traballaba en 2009 hoxe atópase no paro”. En relación coa emigración, explicou
que no último ano “un total de 36 mozos galegos abandonaron Galicia cada día, o
que supón un incremento de 168% con respecto a 2004”.

“Estas cifras representan á xuventude galega que Feijoo lles roubou
durante estes catro anos a posibilidade de desenvolver o seu proxecto de vida
autónomo”, asegurou Torres. Lamentou que sexan “cifras sangrantes que están a
supoñer unha fuga de cerebros de mozos investigadores”.

A secretaria da formación xuvenil explicou que “esta fuga de cerebros é consecuencia da
redución do 73% das prazas de persoal de investigación”. María Torres asegura
que no ano 2009 “había 230 prazas” e hoxe en día “hai 125” e ademais “Feijoo
regálalles unha maleta aos mellores expedientes”, en alusión ao acto de entrega
de diplomas aos mellores expedientes universitarios.

“Este acto foi un xesto de insulto á intelixencia dos nosos mozos que pon en evidencia que non
lle doe que se marchen de Galicia nin ten interese por apostar por un cambio de
modelo produtivo I+D+i”, lamentou Torres.

Prioridade política

As Xuventudes Socialistas de Galicia quixeron deixar claro ao PP que “a mocidade debe ser
unha prioridade política e non unha prioridade electoral” e recrimínalle ao PP
“que non se pode utilizar á xente nova como slogan electoral”.

Ademais aseguran que “non se pode aprobar unha lei de mocidade que non inclúa nin unha soa
medida que de respostas urxentes á grave situación da nosa mocidade”.

A Secretaria Xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia explicou que
Feijoo se pasou catro anos “sen aprobar un plan de emprego xuvenil cando se
comprometeu a aprobalo durante o primeiro ano de mandato”. Ademais aseguran que
o PP “estivo de brazos cruzados” mentres o paro xuvenil “medra un 11,6%”.

“Non se pode ter a cara dura de seguir facendo promesas aos mozos e mozas
cando o PP non cumpriu nin unha soa das que fixo hai catro anos”, sentenciou a
voceira desta formación xuvenil. “Porque a mentira, como di o propio Feijoo no
noso vídeo, ten as patas moi curtas”, asegurou Torres.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar