Os socialistas aseguran que coa ocultacion dos contratos de PEMEX Feijoo minte aos galegos

Os socialistas aseguran que coa ocultacion dos contratos de PEMEX Feijoo minte aos galegos

Os socialistas aseguran que coa ocultacion dos contratos de PEMEX Feijoo minte aos galegos

O portavoz de Grupo Parlamentario dos Socialistas, Abel Losada, asegura que os asuntos coa empresa PMI “están condenados a nebulosa da publicidade e da propaganda”. Solicitan que Feijoo mostre os contratos, xa que “os socialistas estamos absolutamente de acordo en que se constrúan os barcos en Vigo e en Ferrol”.

“Estamos en contra da ocultación absoluta de información e volvo a dicir que onde están eses contratos e dende logo se non ten pensado entregalos, que é evidente que non, non se pode dicir nunha rolda de prensa: por min cando vostedes queiran os entregamos”, criticou Losada.

O socialista explicou que Galicia está ante un “novo sainete” en relación coa industria naval “que se atopa paralizada”. “Existen 9.000 postos de traballo menos”, lamentou.

O portavoz dos socialistas asegurou que en maio de 2012 “asistimos a un feito inaudito” onde vimos como “os medios públicos de comunicación de Galicia interromperon a súa programación para retransmitir en directo un acto difícil de clarificar”. “Era unha declaración de intencións entre axentes económicos privados que iniciaban un proceso que no caso da construción naval todos sabemos que é un proceso complexo que esixe inputs tecnolóxicos e económicos”, asegura Losada.

Os socialistas critican que o PP teña “un discurso liberal, ultraliberal onde aseguran que hai que deixar que os axentes económicos non interveñan” excepto “cando hai posibilidade de foto, entonces a política ten que estar aí, hai que retransmitir, hai que saír nos medios”.

Dito isto e entendendo a transcendencia deste acto, os socialistas solicitan “ese documento que se asinou e por suposto non o recibimos, igual que tampouco recibimos o informe sobre a construción de coches eléctricos en Melón, nin os plans industriais do sector eólico”.

“Recibimos publicidade e propaganda”, asegurou. Ademais, explicou que o dramático da propaganda “non é o fin en si mesmo” senón “a realidade económica que o acompaña e no caso industrial acompaña 30.000 empregos perdidos neste sector en Galicia”.

Nesta primeira fase os socialistas quixeron deixar claro que “teremos absoluta satisfacción se nos asteleiros de Vigo e Ferrol se constrúen os barcos de Pemex e fundamentalmente o agradecemento aos axentes económicos que os constrúen”.

Os socialistas lamentan que o director de Pemex asegurara a semana pasada que “non tiña ningunha cuestión formal con Galicia e que as embarcacións aínda están por definir”. Ademais, aseguran que o director da empresa Mexicana declarou que “estas negociacións que se fixeron con Galicia tamén se están a facer con outros países para valorar a mellor opción”.

“Non pode ser que o Presidente da Xunta de Galicia, e menos en campaña electoral, use esta situación que lle permite colocarse na foto de axentes económicos privados”, criticou Losada.

Por último o portavoz dos socialistas explicou que “Feijoo asegurou estar de acordo no anterior pleno coa investigación das caixas e exactamente tres minutos despois botou en contra”. “Entenden porque non temos fe, entenden que nos piden un imposible, que nos piden que nos fiemos e o que fan e manipular a realidade cada vez que teñen ocasión”, sentenciou o socialista.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar