Os socialistas aseguran que “a nova Lei do Solo, de non modificarse urxentemente, pode ser o golpe de gracia que remate con miles de explotacións agrogandeiras”

Os socialistas aseguran que “a nova Lei do Solo, de non modificarse urxentemente, pode ser o golpe de gracia que remate con miles de explotacións agrogandeiras”

Os socialistas aseguran que “a nova Lei do Solo, de non modificarse urxentemente, pode ser o golpe de gracia que remate con miles de explotacións agrogandeiras”

Os socialistas galegos aseguraron no Parlamento que “a nova Lei do Solo de Galicia, de non modificarse urxentemente, pode ser a puntilla que remate con miles de explotacións agrogandeiras”.
O portavoz de Medio Rural do PSdeG, Pablo García, demandou en comisión a “modificación polo Goberno galego da disposición transitoria cuarta da Lei do solo de Galicia, coa incorporación do solo de núcleo rural”.
“Esta modificación ven a sumarse á enorme crise que padecen os nosos sectores gandeiros de prezos, pero o goberno galego non só non ofrece solucións, senón que polo contrario en cada un dos ámbitos que intervén o fai para afogar e condenar ás explotacións”, manifestou García. A iniciativa socialista foi rexeitada polo PP.
“Primeiro foi o catastrazo que se está a implantar economicamente, despois a crise de prezos, e agora chega a puntilla urbanística deixando na ilegalidade a aquelas explotacións que están dentro dos núcleos rurais, dificultando a aquelas que están construídas en solo rústico e facendo case imposible que se poida construír algunha nova”, afirmou.
“Obviamente, o goberno de Feijóo non quere que existan agricultores e gandeiros neste país e está disposto a atacalos por todos os frontes posibles e con todas as armas o seu alcance”, engadiu.
Pablo García insta a que se modifique a citada disposición transitoria cuarta da nova lei e que volva á orixe da redacción da disposición transitoria decimoprimeira da lei 9/2002, que permitía “seguir mantendo a actividade as explotacións existentes tal como o viñan facendo, así como realizar as obras de rehabilitación, conservación, mellora e incluso ampliación ata un 50%”.
“Na recentemente aprobada lei 2/2016 exclúese na disposición transitoria cuarta as construcións instaladas en núcleo rural, que neste país son miles e que polo tanto quedan sen a protección e o amparo de dita disposición”, dixo o deputado socialista, que considera que a Xunta trata “de querer converter o que sempre foron as aldeas en meros lugares de residencia de fin de semana, expulsando a aqueles que sempre estiveron alí e que sustentan a actividade e a poboación”.
Contra esta redacción da Lei se manifestaba claramente o CES no seu ditame, sen embargo o goberno do PP fixo caso omiso. O informe desde organismo recollía que “a aplicación dos termos da anterior disposición foi positiva e pacífica”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar