Os socialistas aseguran que a modificación da Lei de Estradas impulsada polo PP “insiste nos mesmos erros, é unha norma inservible e inexecutable”

Os socialistas aseguran que a modificación da Lei de Estradas impulsada polo PP “insiste nos mesmos erros, é unha norma inservible e inexecutable”

Os socialistas aseguran que a modificación da Lei de Estradas impulsada polo PP “insiste nos mesmos erros, é unha norma inservible e inexecutable”

Raúl Fernández Pleno 250613 webO portavoz de Infraestruturas dos socialistas galegos no Parlamento, Raúl Fernández, asegurou hoxe no pleno que a proposición de lei pola que se modifica a Lei 8/2013 de Estradas de Galicia “insiste nos mesmos erros, é unha norma inservible, inexecutable e xuridicamente insegura”.

No debate na Cámara sobre o ditame elaborado en comisión da proposición de lei, Fernández lamentou “o acto de soberbia do PP que veremos na votación, fai mal o Partido Popular en equiparar maioría absoluta con razón absoluta, esta é unha lei exclusivamente do PP, allea ao Parlamento e á sociedade civil, á seguridade viaria, ao patrimonio, o medio ambiente e o propio territorio”.

O socialista critica que o propio Partido Popular presentara 41 emendas a un texto que eles aprobaron no 2013 o lembrou que a proposición de lei supón en realidade unha “emenda á totalidade” ao texto do goberno. “Nós só apoiaríamos unha derrogación”, dixo.

A proposición de Lei do PP confirma que “segue a dar bandazos e pon en ridículo a política levada a cabo polo conselleiro Hernández”. Ademais, ratifica que a Lei presentada polo entón conselleiro viña supoñer unha “cortina de fume” para tapar a súa falla de xestión e a falla de investimento, e un texto dirixido a “engordar a irrelevante estatística da acción administrativa”.

Ademais, Fernández criticou en reiteradas ocasións que o propio PP “volve errar nesta modificación” ao optar por cambiar a Lei dende o Grupo Parlamentario, esquivando os informes preceptivos que teñen que aportar as leis presentadas dende o goberno, como é o caso do informe xurídico, “fundamental para garantir a legalidade das modificacións”.

Tamén renuncia ás aportacións e achegas do resto das institucións, como o propio Consello Económico e Social, dos entes sociais, das administracións locais, directamente afectadas por esta Lei, ou das restantes forzas políticas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar