Os socialistas apuntan a posible discriminación dunha parella de homosexuais nun proceso de adopción

Os socialistas apuntan a posible discriminación dunha parella de homosexuais nun proceso de adopción

Os socialistas apuntan a posible discriminación dunha parella de homosexuais nun proceso de adopción

“Cremos que podemos estar ante un caso de homofobia por parte de Administración autonómica”, afirma Carmen Gallego

Os socialistas de Galicia denunciaron hoxe no Parlamento a discriminación que sofre unha parella de homosexuais de Santiago de Compostela nun proceso de adopción. Tras unha resolución negativa por parte do Goberno autonómico, o caso está actualmente xudicializado.

“A parella solicitou a adopción en maio de 2011 e non se realizaron os procedementos de avaliación de idoneidade habituais”, manifestou Carmen Gallego nunha pregunta en Comisión á directora xeral de Familia da Xunta, Amparo González.

O PSdeG reclama “igualdade de trato” para a parella e apuntou a un posible caso de “homofobia” por parte da Administración, xa que os solicitantes demostraron solvencia económica coas súas declaración da renda e o procedemento está cheo de “apreciacións subxectivas”.

“Unha das entrevistas, que normalmente dura cinco horas, rematou en dez minutos”, asegurou Gallego. Na súa resposta, a directora xeral de Familia non foi quen de explicar os motivos polos que durou tan pouco.

Os socialistas mostran tamén a súa estrañeza pola demora na resolución xudicial do caso, con continuos aprazamentos, e piden celeridade. “Os solicitantes síntense discriminados e acosados pola Administración, non entendemos os motivos polos que non se realizaron as entrevistas e as probas habituais nos procesos de adopción”, engadiu Gallego.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar