Os socialistas aproban o plan de traballo da Comisión de Investigación das Caixas "para que se depuren as responsabilidades do fracaso"

Os socialistas aproban o plan de traballo da Comisión de Investigación das Caixas "para que se depuren as responsabilidades do fracaso"

Os socialistas aproban o plan de traballo da Comisión de Investigación das Caixas "para que se depuren as responsabilidades do fracaso"

Abel Losada, portavoz do PSdeG na Comisión de Investigación sobre a fracasada fusión das caixas galegas, pediu un esforzo de todos os grupos parlamentarios para que se depuren responsabilidades porque “o fracaso foi absoluto”, tanto político como de xestión. Con este ánimo, e despois dunha negociación entre os catro grupos parlamentarios, o Grupo Parlamentario Socialista votou a favor do Plan de Traballo da Comisión, que foi aprobado por unanimidade.

Despois de ano e medio de “piruetas varias e algún esperpento” para retrasar a creación desta comisión da investigación da fusión, Losada considera que agora “é imprescindible chegar ata o fondo” do ocorrido coas caixas. “Con 300.000 parados é imprescindible, por saúde democrática, que alguén se poña colorado con todo o que sucedeu coas caixas, porque do contrario parecerá que tentamos tapar comportamentos completamente reprobables”, engadiu durante a súa primeira intervención na citada comisión.

O portavoz parlamentario do PSdeG, que comparou “os brindis e lágrimas en Monte Pío” cando Feijoo anunciou a fusión coa situación actual, “na que temos 9.000 millóns de euros públicos inxectados e un banco nacionalizado ao 100% que parece que se vai a vender por cachos, de maneira unitaria ou xa se verá como”.

Considera irrenunciable unha “resposta contundente” porque dende que Feijoo emprendeu esta vía, a da fusión, Galicia perdeu todo o seu tecido financeiro e ademais perpetrouse unha estafa descomunal e dramática coas preferentes mentres os directivos das entidades recibían “indemnizacións obscenas”.

Losada lembrou que Feijoo propugnou no seu primeiro discurso de investidura, no ano 2009, unha “maior presenza de políticos nos órganos de xestión das caixas” e que o resultado é que hoxe non temos sistema financeiro propio. Así mesmo, recuperou a garantía do presidente da Xunta de que a fusión proporcionaría unha entidade solvente e galega. “A solvencia xa sabemos cal é, menos 9.000 millóns de euros” e a galeguidade “tampouco existe”.

Xa por último, Losada dixo que cando falamos da fusión das caixas “temos que falar tamén dunha aventura política errada porque o presidente da Xunta introduciu “conscientemente” á política neste proceso, con “fotos en Montepío e ata interrupcións da programación da TVG para retransmitir en directo firmas relacionadas coa fusión. “É por eso –engadiu- que agora, cando a estratexia do presidente da Xunta rematou en fracaso, hai que dar respostas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar