Os socialistas apostan por unhas deputacións “transparentes, democráticas e que garantan os mesmos servizos básicos para todos os concellos”

Os socialistas apostan por unhas deputacións “transparentes, democráticas e que garantan os mesmos servizos básicos para todos os concellos”

Os socialistas apostan por unhas deputacións “transparentes, democráticas e que garantan os mesmos servizos básicos para todos os concellos”

pilar_cancelaA secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, asegurou hoxe en Santiago que “os socialistas apostamos por unhas deputacións provinciais transparentes, democráticas e que garantan os mesmos servizos básicos para todos os concellos”.

Cancela compareceu ante os medios de comunicación tras asinar co BNG unha proposta para a actuación nas deputacións provinciais. No documento, ambas formacións apostan “por unha transformación radical no funcionamento destas institucións”.

En opinión da secretaria de Organización do PSdeG, “é un paso cara adiante para un novo modelo de xestión das deputacións, no que debe ser importante unha delimitación competencial clara e reforzar aos concellos, sobre todo os máis pequenos”.

“As dúas formacións estamos dacordo en que ten que haber unha garantía de mínimos para que todos os concellos teñan os mesmos servizos, as deputacións deben ser transparentes e democráticas, órganos de diálogo e consenso, non de imposición”, manifestou.

“Segue aberta unha liña de negociación para cuestións específicas da organización das deputacións, sempre co obxectivo dunha reorganización, simplificación e adelgazamento competencial, que nos leve a un modelo de xestión sen duplicidades coa Xunta e os concellos”, apuntou.

“Nós non defendemos a supresión das deputacións, nesto pensamos diferente ao BNG como reflicte o documento, nós respectamos o actual marco xurídico e constitucional e o que queremos son institucións provinciais gobernadas con racionalidade e que se ciñan aos aspectos competenciais que lle corresponden”, aseverou Cancela.

Con respecto á presidencia da Deputación da Coruña, a secretaria de Organización do PSdeG asegurou que “é un tema que se está negociando no ámbito provinvial, nós por suposto apostamos por presidir a institución, porque a correlación de forzas é de oito representantes socialistas por cinco do BNG, polo que as matemáticas están claras”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar