Os socialistas apoiaremos unha moción a favor do galego que se presentará en todos os concellos e lamentamos a postura do PP en contra do noso sinal de identidade

Os socialistas mostraron hoxe o seu apoio a unha moción a favor da lingua galega que se presentará en todos os concellos galegos e criticaron a postura do Partido Popular, “sempre en contra da nosa sinal de identidade”.

As organizacións políticas galegas asinantes en xullo da Declaración de Unidade a prol da Normalización do Galego participaron hoxe nunha rolda de prensa conxunta no Parlamento. O acto, impulsado pola Mesa pola Normalización Lingüística, mostrou a unidade da maioría das forzas políticas na defensa da lingua.

A deputada socialista Concepción Burgo confirmou que “o PSdeG apoiará a moción en todos os concellos ante a gravidade dos feitos, as enquisas reflicten unha baixada no uso do galego e algo vai mal cando temos que facer este tipo de actos”.

“O Partido Popular sempre relaciona o galego con aspectos negativos, falando de imposición cando o que temos que facer todos é defender a lingua, é o noso sinal de identidade”, engadiu Burgo.

As formacións presentes no acto demandan a aplicación de acordos internacionais como a Carta Europea das Linguas, seguindo as recomendacións do Comité de Expertos e do Comité de Ministros do Consello de Europa. Reclaman á Xunta que as faga efectivas, elaborando un novo decreto para o uso do galego que conte con amplo respaldo social e político e que, mentres, derrogue aqueles artigos do decreto 79/2010 que limitan o uso do galego.

“Temos que estar unidos na defensa da nosa lingua, o Partido Popular sempre asocia o galego con aspectos negativos”, sostén a deputada

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar