Os socialistas apoian unha comisión de investigación sobre a Operación Zeta e lamentan que o PP non se vexa “na obriga democrática e ética de dar explicacións”

Os socialistas apoian unha comisión de investigación sobre a Operación Zeta e lamentan que o PP non se vexa “na obriga democrática e ética de dar explicacións”

Os socialistas apoian unha comisión de investigación sobre a Operación Zeta e lamentan que o PP non se vexa “na obriga democrática e ética de dar explicacións”

Soneira plenoOs socialistas galegos apoiaron hoxe no pleno do Parlamento a creación dunha comisión de investigación sobre as supostas irregularidades na concesión de axudas e subvencións para cursos de formación, a chamada Operación Zeta. A solicitude de todos os grupos da oposición foi rexeitada polo Partido Popular.
Ademáis, no comezo da sesión plenaria na Cámara galega o portavoz do PSdeG, José Luis Méndez Romeu, solicitou de novo a comparecencia do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, pero foi vetada polo grupo do PPdeG.
A deputada socialista Marisol Soneira lembrou na súa intervención para apoiar a comisión que “non o facemos de maneira gratuíta, xa que levamos innumerables preguntas por escrito e peticións na xunta de portavoces para que o PP e Feijóo comparezan para dar explicacións, pero non hai vontade”.
“Non é sinxelo entender que o PP non se vexa na obrigación democrática e ética de dar explicacións, os cidadáns merecen información, a Xunta cala mentres a Policía sostén que houbo comisións a cambio de axudas públicas e apunta a un financiamento irregular do partido”, apuntou Soneira.
A documentación e as conversacións gravadas pola unidade de delitos fiscais da Policía Nacional deixan clara a relación do grupo de empresas de Gerardo Crespo co Partido Popular e o amaño de concursos da Xunta de Galicia para que gañase o empresario.
Os socialistas rexistraron na Cámara varias iniciativas nas que demandan información das subvencións, axudas ou calquera tipo de achegas que teña concedido a Xunta de Galicia ás empresas e entidades Gecreri, Asociación de Empresarios Discapacitados de Galicia, Azetanet Formación e Consultoría e Fundefo nos últimos cinco anos.
Soneira considera “inconcibible nun Goberno democrático” que nin o presidente da Xunta nin a conselleira de Traballo teñan ofrecido aos galegos e galegas ningún tipo de explicación “sobre un empresario amigo especializado en recibir axudas públicas para impartir cursos de formación a parados que ao parecer nunca se celebraron”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar