Os socialistas apoian a modificación da Lei de Cooperativas de Galicia, aínda que advirten que chega tarde

Os socialistas apoian a modificación da Lei de Cooperativas de Galicia, aínda que advirten que chega tarde

Os socialistas apoian a modificación da Lei de Cooperativas de Galicia, aínda que advirten que chega tarde

O portavoz de Traballo do Grupo Parlamentario Socialista Miguel Angel Fernández interveu hoxe no Pleno do Parlamento para amosar o apoio do Grupo Socialista á modificación da Lei 5/1998 de cooperativas de Galicia.

O deputado criticou na súa intervención que o Goberno de Feijoo tardou mais de dous anos para abordar esta modificación. Subliña tamén que o cambio mais significativo que se produce neste texto é o que se refire ao número mínimo de socios das cooperativas, que de os catro actuais se rebaixa a tres, e lembrou que o Grupo Socialista é impulsor desta proposta..

O parlamentario socialista explica que as emendas do PSdeG están encamiñadas en recoñecer o papel das diferentes asociacións do ámbito cooperativo, xunto co traballo do Consello Galego de Cooperativas, “xa que grazas a unha emenda socialista recollese na Exposición de Motivos”, replicou.

Fernández López afirma que é fundamental a participación dos diferentes colectivos na elaboración dos textos lexislativos “e tamén é moi significativo que tivera o informe favorable do Consello Galego de Cooperativas”. Ademais valora moi positivamente “que se tiveran en conta as aportación feitas polo CES”.

A maiores o deputado dixo que a lei é importante, pero advertiu “o que é importante son as políticas que por parte do Goberno de Feijoo se enfoquen no eido de fomento e difusión do cooperativismo”. Por iso sinala que é preciso garantir a promoción e apoio deste sector. Neste punto denuncia que Feijoo non cumpre con este importante sector na nosa Comunidade.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar