Os socialistas apoian a manifestación convocada polos sindicatos de Novagalicia Banco

Os socialistas apoian a manifestación convocada polos sindicatos de Novagalicia Banco

Os socialistas apoian a manifestación convocada polos sindicatos de Novagalicia Banco

Abel Losada, Xosé Sánchez Bugallo, o deputado Miguel Cortizo e a senadora Ángeles Marra encabezarán a representación do PSdeG na protesta

Os socialistas galegos apoiarán e participarán da manifestación convocada polos sindicatos de Novacaixagalicia mañá sábado, ás 12,00 h., en Santiago de Compostela. A delegación socialista estará encabezada polo portavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Abel Losada, o parlamentario compostelán Xosé Sánchez Bugallo, o deputado no Congreso Miguel Cortizo e a senadora Ángeles Marra.

Os socialistas galegos secundan as protestas dos sindicatos contra o plan de reestruturación previsto polo ente, que situará a moitos núcleos de poboación de Galicia na “marxinación financeira”, eliminando as oficinas de referencia das pequenas localidades. Este plan suporá o peche de 327 sucursales e o despido de 2.508 persoas.

Con esta protesta queren criticar tamén a quita das participacións preferentes e subordinadas e a situación de abandono, tanto polo ente como por parte dos gobernos galego e central, dos aforradores estafados pola entidade galega, mentres garanten o pago a grandes inversores que posúen cédulas hipotecarias. Ademais, este plan pon en serio perigo a continuidade da obra social da extinta caixa ao reducir a presenza de Novacaixagalicia no banco.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar