Os socialistas apoian a manifestación contra o reparto reparto da PAC, que supón un agravio comparativo para Galicia

Os socialistas apoian a manifestación contra o reparto  reparto da PAC, que supón un agravio comparativo para Galicia

Os socialistas apoian a manifestación contra o reparto reparto da PAC, que supón un agravio comparativo para Galicia

Pablo García e Guillermo Meijón encabezaron a representación dos socialistas galegos na convocatoria de UUAA e UPA

Censuran que a conselleira acuda á reunión da Sectorial sen esixencias nin propostas só para pregarse ás esixencias de Cañete

Reclaman compensacións á histórica discriminación de Galicia no reparto da PAC, xa que cos actuais criterios de reparto só accedería ao 2,7% dos 46.000 millóns de euros procedentes da UE

Os portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, encabezaron a representación dos socialistas galegos na manifestación convocada por UUAA e UPA para protestar polo agravio comparativo no reparto das axudas da PAC no período 2015-2020.

Pablo García demandou ao Presidente da Xunta, Núñez Feijóo que “se molle e defenda os intereses dos gandeiros e agricultores e impulse medidas que promovan o emprego e fixen poboación no medio rural.

O parlamentario socialistas recordou que en Galicia máis de 50.000 empregos dependen da agricultura e a gandería. Censurou á Conselleira de Medio Rural por ser “a única responsable de comunidade autónoma onde ten peso a agricultura e a gandería que acude esta tarde á sectorial sen unha posición sobre a PAC”.

Recriminou a Rosa Quintana que acuda a esta reunión dos responsables estatal e autonómicos sobre a PAC “sen esixir nin propoñer nada que non sexa pregarse ao que Cañete diga”. Advirte o deputado socialista que “o que sae a empatar soe perder”, e teme que isto sexa o que suceda a Galicia no reparto das axudas.

“Os gandeiros si teñen proposta e están a expoñela aquí”, dixo en referencia á manifestación convocada por Unións Agrarias na capital de España. Os socialistas defenden un cambio no modelo de distribución das axudas vixente desde 1986, e que deciden o Goberno e as comunidades autónomas. Os criterios vixentes provocan que Galicia só perciba o 2,7% dos 46.000 millóns de euros que se repartirán en España da PAC.

Na actualidade, a agricultura prevalece sobre a gandería no reparto. Os socialistas esixen, entre outras medidas, que o sector gandeiro galego, de escasa base territorial, teña un tratamento singularizado. Propoñen tamén que se incorporen medidas que teñan en conta as poucas hectáreas declaradas e o tamaño das explotacións galegas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar