Os socialistas apoian a elaboración dunha Lei de Galega de Universidades

Os socialistas apoian a elaboración dunha Lei de Galega de Universidades

Os socialistas apoian a elaboración dunha Lei de Galega de Universidades

O Portavoz de Universidade do Grupo Parlamentario Socialista Xoaquín Fernández Leiceaga defendeu hoxe no Pleno do Parlamento unha emenda do PSdeG sobre as liñas estratéxicas para a elaboración dunha Lei Galega de Universidades. Reclamou un proxecto de Lei, antes de tres meses, logo dun proceso consulta e dialogo coas tres universidades galegas. A proposta foi transacionada e aprobada.

O deputado afirmou que é preciso elaborar mais ca nunca unha Lei Galega de Universidades “para avanzar no sistema universitario, e mellorar o posicionamento de Galicia na sociedade do coñecemento, dinámica, igualitaria e aberta que desexamos”.

Dixo que a proposta defendida hoxe polo PP “amosa a escasa atención de Feijoo coas Universidades de Galicia”, e criticouna por ser “pouco ambiciosa”. Nese senso emprazou ao executivo autonómico “a efectuar con rapidez un proceso de elaboración dun anteproxecto de lei, e consultalo coas comunidades universitarias”. Por iso lembra que na emenda propón un prazo de tres meses, co fin de que poida estar aprobado antes do comezo do vindeiro curso académico.

Leicega explica que a universidade “é crucial, xa que conten un compoñente estratéxico na sociedade do coñecemento á que aspiramos, tamén na definición da nosa posición como país no mundo poscrise, e na determinación das vías de saída”.

Así as cousas o parlamentario subiña que o SUG é un factor de desenvolvemento económico de primeira magnitude. Nese senso pregunta “cómo non ter en consideración a necesaria definición da carreira investigadora, a solución á contradicción entre unha investigación que non debe ser dependente do número de estudantes e unhas estructuras e financiamento universitarios que si o son, ou a colaboración dos centros universitarios entre sí e cos outros institutos que existen en Galicia?”, resumiu.

Factor de dinamismo social

Afirma ademais que a Universidade é un factor de dinamismo social “que debería permitir aos talentos, con independencia da súa capacidade económica, chegar aos coñecementos que aspiran”. Reclama facilitar un acceso equivalente á universidade e mellorar as condicións de vida e estudo dos estudantes.

O portavoz de Universidade dixo que tamén é un factor de irradiación cultural. Sinala que “seguramente tamén diferencia a nosa visión a consideración da universidade como a casa das dúas culturas: a cultura da eficiencia e a da técnica”, e proseguiu “as universidades non están só para servir aos mercados nunha visión curtopracista e limitada do progreso”.

O deputado tamén aludiu aos resultados universitarios, advirte que “apenas nalgunha área aparece algunha universidade galega entre as 500 mellores do mundo”. Dixo que a primeira clave para explicar este magro resultado é o financiamento, argumenta que en EEUU un 3,3% do PIB é para universidades, e en Europa un 1,3%, e no que se refire a España iguala á media europea.

Galicia financiamento por debaixo do 1% do PIB

Pola contra crítica que Galicia esta por debaixo do 1% PIB, e denuncia que o plano de financiamento traduciuse nun descenso en 2010, 2011 e 2012 dos fondos universitarios en relación cos últimos anos do goberno anterior de Touriño.
Por todo esto reclama “inverter esta situación”. Subliña que esta a Lei debe ser unha oportunidade de manter o financiamento do 2009 o SUG disporía no trienio 2010-2012 de 115 millóns de euros adicionais.

Leiceaga advirte que a segunda clave para impulsar a lei de financiamento “é a autonomía, é dicir a capacidade da universidade para decidir no plano académico”. Neste punto pide “darlle unha volta á gobernanza ao papel do consello universitario de Galicia, e tamén o papel dos consellos sociais debe ser repensado, sabendo que só cunha reforma da lei básica esto será posible en profundidade”.

En resumen propón unha Lei “capaz de xerar coñecemento punteiro e innovacións, de competir internacionalmente e de ser un nódulos nas redes internacionais de coñecemento, cunha relación intensa co tecido empresarial e a sociedade, capaz de facilitar o acceso e unha boa formación a estudantes procedentes de todo o mundo, eficiente nos seus procesos de goberno e impulsora da cultura de Galicia”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar