Os socialistas apoiamos a iniciativa lexislativa popular pola redución, reutilización e reciclaxe de residuos

Os socialistas apoiamos a iniciativa lexislativa popular pola redución, reutilización e reciclaxe de residuos

Os socialistas apoiamos a iniciativa lexislativa popular pola redución, reutilización e reciclaxe de residuos

O Grupo Parlamentario Socialista ven de votar favorablemente a toma en consideración da iniciativa lexislativa popular para impulsar unha lei para a aplicación efectiva dos principios de redución, reutilización e reciclaxe de residuos de Galicia. A maioría do PP impediu que prosperase.

Tal e como defendeu na súa quenda de intervención a deputada Patricia Vilán, os socialistas apostan por “unha normativa de xestión de residuos consensuada cos colectivos, coas asociacións ambientalistas e cos concellos”. Vilán avogou por unha normativa que “aposte pola redución en orixe, a compostaxe e a xestión do lixo porta a porta”.

Unha filosofía, apunta a portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, que ten que ver co que todo o que se poida reutilizar hai que reciclalo en Galicia, “creando un verdadeiro mercado da reciclaxe”, que segundo Vilán significará “una magnífica oportunidade de creación de emprego e riqueza”.

Sogama non recicla, denunciou a deputada socialista. O que fai Sogama, insistiu, é “incineración para a produción de enerxía eléctrica”, pero consume máis enerxía da que produce, é a sexta emisora de CO2 en Galicia e contribúe de xeito decisivo a incrementar o cambio climático en Galicia. Vilán definiu a política ambiental da Xunta como a de “queiman o que colle a soterran o que non colle”.

A socialista rexeitou a produción de enerxía eléctrica a partir do aproveitamento de refugallo urbano é “unha actividade insostible economicamente”, polo elevado custe de produción en relación cos prezos de venda da enerxía. Sogama entrou en perdas nos últimos tres anos. A incineración producirá, ademais, por riba das 50.000 toneladas por anos de residuos tóxicos en forma de cinzas que se depositan en vertedoiro.

Vilán salientou que o modelo maioritario en Galicia é o de Sogama, o 77% dos resíduos van á incineración nunha única planta de tratamento. Pero, como salienta a portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, o modelo da mancomunidade do Barbanza, de ámbito comarcal, é o que acada mellores resultados, maior porcentaxe de materiais recuperados (o 65% frotne ao 7%), redución da porcentaxe de materiais enviados a vertedoiro (36% fronte a 93%) e en recuperación de envases (58% fronte a 4%).

A deputada socialista asumiu os puntos básicos da iniciativa: participación real e efectiva dos cidadáns, apoio verdadeiro á reducíon e á reutilización, novo esquema de recollida selectiva (húmido seco), tratamento específico da materia orgánica (compostaxe) e descentralización.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar