Os socialistas anuncian unha oposición "que ofreza alternativas" aos recortes e privatizacións de Feijóo e Rajoy

Os socialistas anuncian unha oposición "que ofreza alternativas" aos recortes e privatizacións de Feijóo e Rajoy

Os socialistas anuncian unha oposición "que ofreza alternativas" aos recortes e privatizacións de Feijóo e Rajoy

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, anunciou hoxe unha liña de oposición “que ofreza alternativas” ás políticas de recorte e privatización dos servizos públicos iniciadas por Feijóo. Así o dixo logo da sesión constitutiva da IX Lexislatura do Parlamento de Galicia, que tivo lugar hoxe no Pazo do Hórreo.

Losada salientou que os socialistas galegos desenvolverán unha serie de propostas en positivo diante do “consenso cada vez maior dos axentes económicos e políticos sobre o feito de que as políticas de recortes neoliberais non son o instrumento axeitado para superar a crise”. Advertiu que estas “nos levan a mais déficit e polo tanto a mais recortes, desemprego e dificultades”.

O responsable socialista salientou que Galicia está a provocar, coa política económica ultraliberal representada por Feijóo, “unha sociedade mais dual e desestruturada e polo tanto moito mais inestable”. Advertiu que o Grupo Socialista vai “pelexar por políticas que teñan en conta aos cidadáns, porque cando hai mais dificultades é cando a política é mais importante para os mais débiles e para axudar aos que teñen mais problemas”.

Dixo que o “ataque aos servizos públicos” lanzado pola dereita ten “unha orixe ideolóxica e un obxectivo económico privatizador para incrementar os beneficios das empresas privadas”, o que será, adiantou, o “elemento fundamental de confrontación do Grupo socialista” nesta lexislatura.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar