Os socialistas anuncian que a Xunta agocha os datos reais da Risga en Galicia

Os socialistas anuncian que a Xunta agocha os datos reais da Risga en Galicia

Os socialistas anuncian que a Xunta agocha os datos reais da Risga en Galicia

Carmen Gallego lembra que dende a chegada de Feijóo o índice de pobreza aumentou un 20 por cento en Galicia

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, acusou hoxe ao goberno galego de agochar os datos reais das persoas demandantes da Renda de Integración Social de Galicia –Risga-. Así o dixo a deputada socialista logo de que a Xunta eludira responder a unha pregunta oral en Comisión para coñecer o número de solicitudes desta axuda presentadas e admitidas.

Gallego alertou das denuncias de concellos e afectados fronte a retrasos de entre 8 e 10 meses na tramitación destas axudas e esixiulle á Xunta que “deixen de disfrazar as cifras, asuman a realidade e tramiten a Risga con celeridade”. Alertou que “as persoas están desesperadas” diante dos recortes “crueis” do goberno de Feijóo, a quen lle reclamou “esquecer a publicidade e propaganda e comezar a axudar ás familias”.

Acusouno mesmo de provocar as demoras na tramitación das axudas para “animar ás persoas ao desestimento de axudas” mentres recortan políticas sociais lles retiran competencias aos concellos, impedíndolles axudar a quen o necesita. Explicou que esta política “o que xera e o que provoca é o incremento da pobreza no noso país”.

Carmen Gallego sinalou que Feijóo vén de reducir en 535 millóns de euros destinados ás políticas sociais da Consellería de Traballo e Benestar e “intenta compensalo incrementando a Risga con 40 ou 50 millóns de euros”.

Dixo que estes incrementos, empregados para “tentar tapar” os recortes drásticos resultan “insuficientes” e mesmo acusou á Xunta de ter sacado 2 millóns de euros procedentes dos fondos de emerxencia social para aumentar a Risga “desvestindo a un santo para vestir ao outro”.

A responsable socialista puntualizou que as políticas de desmantelamento dos servizos públicos por parte da dereita, xunto coa crise económica e a falla de oportunidades de emprego, situou o índice de pobreza nun 23,58 por cento en Galicia, un 20 por cento mais dende que goberna Feijóo. Aludiu aos reiterados informes de Cáritas e Save The Children, que alertan do impacto dos recortes na situación dos galegos e das galegas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar