Os socialistas analizaron onte en Santiago as posibilidades de aplicar novas políticas fiscais para enfrontar a crise

Os socialistas analizaron onte en Santiago as posibilidades de aplicar novas políticas fiscais para enfrontar a crise

Os socialistas analizaron onte en Santiago as posibilidades de aplicar novas políticas fiscais para enfrontar a crise

A Facultade de Ciencias Económicas da USC acolleu a conferencia-coloquio “Unha nova fiscalidade diante da crise”, organizada pola secretaría de Estudos e Programas do PSOE provincial coruñés.

O acto, incluido dentro do ciclo “Ganarse el futuro” que o PSOE organiza para recoller ideas e propostas de cara á Conferencia Política que celebrará o vindeiro outono, foi presentado e moderado polo secretario provincial dos socialistas, Francisco Caamaño, e contou coas intervencións dos profesores universitarios Xaquín Álvarez Corbacho e Antonio López Díaz, que analizaron as actuais políticas fiscais e as súas consecuencias para a economía e a creación de emprego.

O secretario provincial dos socialistas considerou que o goberno do PP está provocando, coa súas políticas de continuos recortes, unha clara situación de recesión e pobreza que agrava o impacto da crise e avogou por controlar o gasto, pero promover medidas de crecemento que permitan a dinamización da economía e a creación de emprego.

A intervención do catedrático e membro do Consello de Contas de Galicia, J. Antonio López, centrouse en demostrar onde residen os puntos débiles do noso sistema fiscal e económico. Así quedou demostrado, unha vez examinadas as porcentaxes de ingresos e gastos dos entes locais e autonómicos, que a descentralización non inflúe negativamente nas contas do Estado, dado que o nivel de endebedamento maior corresponde precisamente a éste último. Ademáis, realizando unha comparativa con Estados máis centralizados queda de manifesto que este tipo de países teñen unhas cifras económicas peores que os máis descentralizados.

López explicou tamén que os que soportan maioritariamente o pago dos impostos neste país, tanto directos como indirectos son os traballadores, polo que o incremento do paro supón un drástico descenso dos ingresos para o Estado pola vía impositiva.

Os recortes, segundo este profesor da UDC, non están a xerar ingresos, senón que simplemente tentan conter o gasto, co obxectivo posto no déficit e non na creación de riqueza, polo que, por esta vía, seguiremos na senda de destrución de emprego, que pode aumentar até o 27%, segundo as previsións.

López considerou que non se pode manter un Estado do Benestar exclusivamente sobre a suba de impostos e considerou que non se pode recortar en servizos e dereitos tan básicos como a sanidade, a educación, as xubilacións ou a lei de dependencia que acaba de recibir un recorte de 1.100 millóns de euros sobre un orzamento ,xa insuficiente, de 6.000 millóns, que cun cambio de política fiscal poderían ser perfectamente sustentables.

Pola súa banda, o catedrático da UDC Xaquín Álvarez Corbacho diseccionou o IRPF partindo de como foi concibido alá polos anos 60 e 70 para explicar a carga que supón actualmente para os traballadores o pagamento do mesmo, xunto cos impostos especiais e o IVE, e recalcou os impedimentos que o actual sistema pon á contratación laboral e como conleva baixos salarios e recortes nas prestacións. Este experto apostou por unha maior inspección para reducir o fraude fiscal, aínda moi alto no noso país.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar