Os socialistas amosan o seu apoio á enfermeira que sufriu un aborto logo de serlle denegada unha baixa e critican “a perda de dignidade das mulleres polas políticas do PP”

Os socialistas amosan o seu apoio á enfermeira que sufriu un aborto logo de serlle denegada unha baixa e critican “a perda de dignidade das mulleres polas políticas do PP”

Os socialistas amosan o seu apoio á enfermeira que sufriu un aborto logo de serlle denegada unha baixa e critican “a perda de dignidade das mulleres polas políticas do PP”

IMG_2343Os socialistas amosaron hoxe en Lugo o seu apoio á enfermeira do Sergas que sufriu un aborto logo de serlle denegada unha baixa e criticaron “a perda de dignidade das mulleres polas políticas antisociais do Partido Popular”.
A secretaria de Igualdade da Executiva do PSdeG, Eva Martínez, o secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG), Aitor Bouza, e a secretaria de Política Social o PSdeG de Lugo, Ana Abelleira, mantiveron unha reunión coa enfermeira, Marta Fernández.
“Un feito intolerable, froito das políticas do PP de odio contra as persoas, o que se reflicte no servizo galego de saúde e noutras políticas públicas”, afirmou Aitor Bouza aos medios de comunicación, antes de lembrar “as interpelacións xa presentadas polos socialistas para que a conselleira dea conta do acontecido no Parlamento”.
O secretario xeral de XSG lamenta “os recortes en materia sanitaria, o PP está en contra do dereito ao aborto pero despois condea ás mulleres que queren ter fillos”. “Hai que asumir responsabilidades, pedimos a dimisión da conselleira e que Feijóo tome medidas”, dixo.
O grupo parlamentario do PSdeG presentará tamén unha proposición non de lei “con medidas correctoras para evitar novos casos como este”, engadiu Bouza. Pola súa parte, Eva Martínez criticou que “os que presumen de ser os defensores da familia deneguen baixas médicas a persoas como Marta, que ten todo o noso apoio”.
A enfermeira, Marta Fernández, explicou que “o 061 recoñeceu o risco por estar traballando nunha ambulancia, pero no Fremap dixéronme que non podía ter baixa ata que estivera embarazada de seis meses e medio”. “Recorrín, pero despois chegou un silencio administrativo e xa foi tarde”, engadiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar