Os socialistas amosan a súa preocupación “polos datos de paro de decembro” e advirten de que Galicia lidera “a destrución de emprego en España”

cola-del-paroOs socialistas amosaron hoxe a súa preocupación pola evolución do paro en Galicia, xa que os datos do INEM reflicten que o desemprego medrou no mes de decembro na comunidade autónoma en 3.286 persoas, as peores cifras de toda España.
“Somos os campións en aumento do paro, decembro foi un dos peores meses en destrución de emprego en Galicia desde que temos datos históricos, a situación e especialmente preocupante incluso coas cifras interanuais”, afirmou a deputada socialista Marisol Soneira.
“A realidade sería aínda ben diferente contabilizando as 31.000 persoas que tiveron que marchar de Galicia entre 2008 e 2013 segundo os datos do IGE, galegos e galegas que xa non están e non computan nas estatísticas do INEM”, asegura Soneira.
Os socialistas lembran ademais que “este panorama no emprego coincide cun incremento da débeda no período de Feijóo que xa chega aos 9.800 millóns de euros, o 17,3% do noso PIB, cando con Touriño en 2008 tiñamos case 6.000 millóns menos, o 6,8% do PIB”.
“Por este camiño imos moi mal, estamos expulsando de Galicia á nosa xente máis formada, aumentando as clases pasivas e coas contas públicas sen cadrar, porque sempre dixeron que o sacrificio era para iso”, engadiu a deputada socialista.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar