Os socialistas amosan a súa preocupación pola "insuficiencia de prazas" nos centros de día da provincia de Ourense

Os socialistas amosan a súa preocupación pola "insuficiencia de prazas" nos centros de día da provincia de Ourense

Os socialistas amosan a súa preocupación pola “insuficiencia de prazas” nos centros de día da provincia de Ourense

A deputada socialista Noela Blanco vén de presentar unha batería de preguntas parlamentarias sobre a xestión dos centros de día na provincia de Ourense, amosando a súa preocupación sobre a “insuficiencia de prazas”,especialmente nas comarcas do Ribeiro e O Carballiño, onde “un 35% dos habitantes teñen máis de 65 anos”.

Preguntou tamén “cando ten pensado” abrir a Xunta o centro de día de Leiro, asegurando descoñecer o motivo polo que aínda non se remataron as obras de construcción, iniciadas no 2013. O edificio está rematado do mesmo xeito que o acondicionamento dos exteriores, onde faltan só pequenos detalles, mais o centro segue pechado” sinalou.

Nesta liña, interesouse por saber se o Goberno galego ten pensado xestionar este centro, e se para facelo vai firmar algún convenio de colaboración có Concello de Leiro.

Blanco subliñou que “os centros de día son recursos sociais intermedios dirixidos a atender as necesidades específicas das persoas maiores”, que cumpren “unha importante función de apoio ás familias”, preguntando se a Xunta ten previsto construir máis durante esta lexislatura.

 

Patricia Torres

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar