Os socialistas “alzarán a voz” na rúa para apoiar aos cidadáns afectados polos recortes do goberno do PP

Os socialistas “alzarán a voz” na rúa para apoiar aos cidadáns afectados polos recortes do goberno do PP

Os socialistas “alzarán a voz” na rúa para apoiar aos cidadáns afectados polos recortes do goberno do PP

O Secretario de Organización do PSdeG-PSOE asegurou que os socialistas van a estar hoxe a tarde “cos sindicatos, cos traballadores e cos pensionistas nas mobilizacións, para mostrar a nosa oposición en todos os ámbitos”

Explicou que a maioría do esforzo económico para saír da crise o levan as familias con un porcentaxe do 90% deixando o 10% para as empresas

Os socialistas recriminan a Feijoo que “en vez de resistirse ou poñer alternativas encima da mesa, o que fai e trasladar os recortes a Galicia dende esa sumisión que ten con Rajoy”.

O Secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Pablo García, avanzou que o PSdeG-PSOE apoiará as mobilizacións levadas a cabo polos cidadáns afectados polos recortes do goberno do Partido Popular. “Vamos a saír a rúa para apoiar a aquelas persoas que non teñen nada que ver con esta situación”, explicou.

Pablo García asegurou que estes novos recortes son “un torpedo máis na liña de flotación da economía galega e que seguen afectando os máis débiles”. Explicou que a maioría do esforzo económico para saír da crise o levan as familias, “con un porcentaxe do 90% deixando o 10% para as empresas”.

Por todo isto, os socialistas de Galicia “apoian” as mobilizacións organizadas polas centrais sindicais e asistirán as próximas manifestacións. “Sairemos á rúa a participar nas protestas e alzaremos a voz contra estas medidas que están facendo pagar a factura a aqueles que non tiveron nada que ver”, afirmou García.

O Secretario de Organización do PSdeG-PSOE asegurou que os socialistas van a estar hoxe a tarde “cos sindicatos, cos traballadores e cos pensionistas nas mobilizacións para mostrar a nosa oposición en todos os ámbitos”.

Os socialistas recriminan a Feijoo que “en vez de resistirse ou poñer alternativas encima da mesa, o que fai e trasladar os recortes a Galicia dende esa sumisión que ten con Rajoy”. Pablo García explicou que existen outras comunidades autónomas como Andalucía e País Vasco “que se resisten e aportan alternativas que fan que eses recortes non teñan cabida”, en alusión o Real Decreto aprobado por Patxi López que impide o copago en Euskadi ou o recurso de inconstitucionalidade presentado polo presidente de Andalucía contra os recortes sanitarios.

O senador socialista recordou que “isto condena as persoas máis desfavorecidas, trae consigo mais pobreza, mais recesión e desemprego e non vai reducir o déficit”. Os socialistas aseguran que todas estas medidas aprobadas polo goberno do PP “non garanten a solución dos problemas”.

Ademais, o Secretario de Organización do PSdeG-PSOE explicou que a reacción dos mercados actualmente “pasa por unha crecente desconfianza ante Rajoy”. “O presidente do goberno trata de vender como éxito un rescate, e os mercados non se poden fiar dunha economía onde non se ven expectativas de crecemento”, sentenciou.

Pablo García quixo recordar que este novos recortes aprobados polo goberno do PP supoñen un novo “problema” para Galicia. Explicou que as novas medidas aprobadas hoxe no Congreso dos Deputados “supoñen 1.600 millóns de euros de menos para Galicia, o que equivale a 1.600 € por fogar galego”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar