OS SOCIALISTAS ALERTAN DE QUE “HAI EN GALICIA 38.300 FOGARES SEN INGRESOS E SÓ 10.000 PERSOAS RECIBEN A RENDA DE INCLUSIÓN”

Os socialistas galegos alertaron hoxe no pleno do Parlamento de que “segundo os datos do INE, xa hai 38.300 fogares en Galicia que non teñen ingresos, un máximo histórico, mentres que só 10.000 persoas reciben a renda de inclusión”.

Nunha interpelación ao conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, a viceportavoz do PSdeG na Cámara, Carmen Gallego, demandou “o desenvolvemento da Lei de Inclusión”.

“Falamos dunha lei publicada no DOG en decembro de 2013, co compromiso de publicar en seis meses un decreto para o seu desenvolvemento que aínda estamos esperando”, afirmou Gallego, que lembrou que “o texto ía ser unha ferramenta contra a pobreza e a inclusión social”.

“Os orzamentos en política social baixaron oito puntos nos anos de goberno do PP, aínda que o novo conselleiro intente convencernos de que as cousas cambiaron con páxinas de publicidade nos xornais”, rematou a deputada socialista.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar