Os socialistas alertan de que, co nivel de investimento asignado por Feijóo, a Xunta tardará 160 anos en rehabilitar todas as vivendas galegas

Os socialistas alertan de que, co nivel de investimento asignado por Feijóo, a Xunta tardará 160 anos en rehabilitar todas as vivendas galegas

Os socialistas alertan de que, co nivel de investimento asignado por Feijóo, a Xunta tardará 160 anos en rehabilitar todas as vivendas galegas

Xosé Sánchez Bugallo denuncia a práctica desaparición da política de vivenda do goberno galego, pasando de 210 a 20 millóns de euros de investimento entre 2009 e 2013

Reclama a intervención da Xunta para garantir a devolución íntegra das contías cobradas ilicitamente polas “cláusulas suelo” e lamenta que estean “mais preocupados por protexer á banca que ás vítimas”

O coordinador da área de Territorio do Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, alertou hoxe de que, co nivel de investimento asignado por Feijóo, a Xunta tardará un total de 160 anos en rehabilitar o parque de vivenda que necesita de intervención en Galicia. O responsable socialista denunciou hoxe a desaparición da política de vivenda do goberno galego.

Sánchez Bugallo lembrou hoxe que a Xunta ten competencia exclusiva en materia de Vivenda, o que non impediu que Feijóo fixera desaparecer a consellería homónima para fusionala en Territorio. Este proceso foi acompañado cunha caída brutal de investimentos dende os 210 millóns de euros de 2009 aos 20 de 2013, dos que só destina 5 á rehabilitación e outros 14,8 a vivenda nova, malia que quede sen executar a metade.

O responsable socialista criticou que o pírrico orzamento para a rehabilitación de vivenda fará que a Xunta tarde 160 anos en acondicionar as entre 500.000 e 800.000 vivendas que o necesitan nesta Comunidade Autónoma. Lembrou que Galicia pasou de rehabilitar 145.000 vivendas entre 2005 e 2008, 20.000 entre 2009 e 2012 e de seguir o ritmo actual, tan só 12.000 entre 2013 e 2016, co que tardaría 160 anos en rehabilitar as 500.000 nas que é preciso actuar a día de hoxe.

Explicou que si ben co ritmo de rehabilitación adoptado dende 2005 Galicia tería tódalas vivendas preparadas en tan só “12 ou 16 anos”, pero a Xunta de Feijóo eliminou practicamente estas actuacións do seu orzamento. Así, dixo que mentres o Plan Nacional de Vivenda do goberno central, sen ter competencias, debera destinar a Galicia 130 millóns de euros en 4 anos, a Xunta, con competencia exclusiva, investirá só 20.

Sánchez Bugallo anunciou unha batería de iniciativas parlamentarias en materia de vivenda para evidenciar as carencias do goberno galego e “tentar de tirar da Xunta” para que cumpra coas súas obrigas como administración con competencia exclusiva na materia.

Cláusulas suelo

O parlamentario socialista presentou hoxe unha proposición non de Lei na que lle reclama á Xunta que garanta a devolución íntegra das contías cobradas ilicitamente polas entidades financeiras en concepto de “cláusulas suelo”. Sinala que o Tribunal Supremo sentenciou que as cláusulas son ilegais pero só dende o 9 de maio de 2013.

Explicou que en Galicia hai actualmente entre 300.000 e 500.000 hipotecas en vigor, o 99 por cento das cales están ao corrente dos pagos, polo que reclamoulle ao goberno galego que interceda fronte a este “trato inxusto” das entidades, que adoptan “o espírito de sacarlle ata o último euro aos cidadáns”.

Acusou ao goberno galego de “protexer mais á banca que ás verdadeiras vítimas, que son os cidadáns”, e que se ven abocadas a denunciar individualmente si queren que se lles devolvan os seus cartos, o que está sendo ratificado pola xustiza, que xa acumula 3 sentenzas a favor dos cidadáns do xulgado do mercantil de Pontevedra.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar