Os socialistas alertan de que Galicia pode perder 300 millóns de euros de fondos FEDER pola "mala xestión" de Feijóo

Os socialistas alertan de que Galicia pode perder 300 millóns de euros de fondos FEDER pola "mala xestión" de Feijóo

Os socialistas alertan de que Galicia pode perder 300 millóns de euros de fondos FEDER pola "mala xestión" de Feijóo

A deputada socialista e voceira de Asuntos Europeos Noela Blanco alertou esta mañá de que “a mala xestión e a falta de investimentos do goberno de Feijóo” poden facer que Galicia perda uns 300 millóns de euros de axudar comunitarias de fondos FEDER, unha cuarta parte dos 1.200,4 millóns que a Xunta ten concedidos como beneficiario principal. Galicia e “unha das comunidades con menor porcentaxe de proxectos executados” e os socialistas veñen de presentar unha proposición non de lei na que instan ao goberno galego a “poñer os medios necesarios” para que non se produzan perdas destas axudas e para que se pechen e xustifiquen os proxectos do plan 2007-2013 antes de que remate o período de elixibilidade o próximo 31 de decembro.

Blanco lamenta as “cifras de execución irrisorias” despois de que a Xunta tivese case oito anos para poñer en marcha os proxectos, e critica a “falta de transparencia” por parte da administración autonómica que non facilita os datos de execución e só fai “exercicios de autobombo” e “utilización de cifras autonómicas en campaña electoral” para proxectos que despois quedan sen executar. Por iso a iniciativa socialista solicita tamén a publicación mensual do estado no que se atopan os proxectos incluidos neste programa, “co obxectivo de mellorar na transparencia e no acceso á información” por parte dos cidadáns ou de calquera entidade ou organismo xestor ou beneficiari dos FEDER.

Proxectos paralizados
A socialista explica que segundo os datos relativos aos reembolsos realizados á Xunta tras certificar os proxectos, só foron concedidos o 64,14% dos fondos a data de 17 de agosto. Asimesmo, califica como os “datos da vergoña” os remitidos nun informe do pasado mes de xullo pola comisión de seguimento dos FEDER á Comisión Europea, no que se constata a desaparición de proxectos como o Centro de Interpretación de Parques Naturais de Galicia, situado en Ourense, posto en marcha polos gobernos socialistas autonómico e central no ano 2009, financiado ao 100% cunha aportación total de 7.330.000 €, que teñen coma beneficiarios ao Ministerio de Agricultura, Alimentación, e Medio Ambiente (6.730.000 €) e á Xunta de Galicia (600.000 €), e que “frenaron no ano 2011 cando paralizaron as obras poñendo en perigo o financiamento e o Plan Estratéxico de Termalismo de Ourense, que establece esta ribeira como estratéxica”.

Outros datos relevantes son os referentes a infraestruturas en materia de saúde, cun 4,73% de execución, “quedando pendentes de executarse moitas obras, ou noutros casos iniciadas tarde, mal e rastro como nos centros de saúde de O Couto en Ourense, ou hospitais coma os do Salnés”, explica. Noutros casos as porcentaxes de fondos empregados son inferiores ao 50% do montante concedido, en sectores “que deben ser estratéxicos” como en enerxías renovables e eficiencia enerxética, cunha media dun 35%, as infraestruturas sociais e de custodia de nenos, en torno ao 40%, ou a protección e conservación do patrimonio cultural, sobre o 50%.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar