Os socialistas afirman que “ante o terrorismo selectivo contra as mulleres, Mariano Rajoy cala e o presidente Núñez Feijóo se ausenta”

Os socialistas afirman que “ante o terrorismo selectivo contra as mulleres, Mariano Rajoy cala e o presidente Núñez Feijóo se ausenta”

Os socialistas afirman que “ante o terrorismo selectivo contra as mulleres, Mariano Rajoy cala e o presidente Núñez Feijóo se ausenta”

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Carme Acuña, afirmou hoxe no pleno do Parlamento que “ante o terrorismo selectivo contra as mulleres, Mariano Rajoy cala e o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, se ausenta”.

O Grupo Socialista demandou en agosto a comparecencia do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, para valorar o aumento de casos de violencia de xénero. “Despois, o 2 de setembro, solicitouna por petición propia pero chega aquí e non fala do incremento das mortes, só presenta datos máis ou menos manipulados para buscar cómplices, non solucións”, apuntou Acuña.

“Denunciamos o aumento da violencia machista e din que é demagoxia, pero a verdade é que os orzamentos para a prevención caeron un 90% en só catro anos, de 30 millóns en 2009 a seis millóns en 2013, dos que só gastaron tres”, manifestou a deputada socialista, que rexeitou calquera pacto co PP neste tema mentres non “repoñan orzamentos, cumpran as leis existentes e castiguen a dirixentes como Cañete, Gallardón ou o alcalde de Valladolid”.

En opinión da portavoz de Igualdade do PSdeG, “é lamentable que sexa a oposición a que teña que obrigar a un representante da Xunta a comparecer e dar datos”, considerou ineficaz a comisión de estudo da violencia de xénero no Parlamento e esixiu “un compromiso real” do PP para erradicar esta lacra.

Desde o ano 2000, faleceron 970 mulleres en España pola violencia machista, 51 de elas en Galicia. Acuña criticou o “esquecemento social e o abandono das vítimas, os datos oficiais reflicten que no 2013 houbo 5.164 denuncias en Galicia, das que só se incoaron 1.067 solicitudes de protección”. Destas 1.067, acabaron denegándose 409 e só percibiron o salario da liberdade 268 mulleres.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar