A venta das accións de NGG na AP-9 a capital americano constitúe “a última mostra de fracaso de Feijóo na política do sistema financeiro galego”

A venta das accións de NGG na AP-9 a capital americano constitúe “a última mostra de fracaso de Feijóo na política do sistema financeiro galego”

A venta das accións de NGG na AP-9 a capital americano constitúe “a última mostra de fracaso de Feijóo na política do sistema financeiro galego”

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, afirmou que a operación financeira que se está a ultimar e que suporá o incremento de capital estranxeiro a través da venda das participación de NovaGalicia Banco na concesionaria da autoestrada do Atlántico e de Autoestradas de Galicia compromete o futuro da AP-9 e constitúe “a última mostra de fracaso de Feijoo na súa política do sistema financiero galego”.

“A operación dada a coñecer deixa en mans estranxeiras a principal vía de comunicación de Galicia”, afirmou Abel Losada ao tempo que lembrou que vén a ratificar a “negra relación” do PPdeG coa AP-9. Neste sentido, referiuse á privatización levada a cabo por un goberno popular no casino australia ano 2003 e á ampliación da concesión ata o ano 2048 “realizada por Aznar para facer caixa e cumprir os obxectivos do euro”. “Estas decisións deron como resultado que esta autoestrada figurase entre os peaxes máis elevados de España”, afirmou.

Abel Losada lamentou que o PPdeG non teña explicado cales son as súas intencións relacionadas coa AP-9, “máis aló de anuncios preelectorais realizados pola ministra de Fomento”. Para o dirixente socialista, a operación coñecida este xoves fará aínda máis imposible mellorar as condicións de pago por parte dos usuarios desta autoestrada.

O dirixente socialista lembrou como o presidente da Xunta apoiou no pasado unha fusión financeira galega protagonizada por estas entidades “avalada por un informe clandestino que cualificada aquela operación como unha resolución positiva para Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar