Os socialistas afean que a Xunta careza "dun modelo propio" para atender ós "miles de afectados" pola cláusula chan

Os socialistas afean que a Xunta careza "dun modelo propio" para atender ós "miles de afectados" pola cláusula chan

Os socialistas afean que a Xunta careza “dun modelo propio” para atender ós “miles de afectados” pola cláusula chan

A deputada socialista Patricia Vilán afeou esta mañá ó Goberno galego que careza “dun modelo propio” para atender as “miles de demandas de afectados pola cláusula chan que non sabemos como se van repartir”. Así o dixo na súa intervención no debate dunha pregunta oral da na Comisión de Xustiza.

Vilán recordou que a Xunta “non ten previsto crear unha comisión de seguemento específica”, limitándose a “agardar a ver como se desenvolve o Real Decreto”, e preguntou ós populares se polo menos van esixir ó Goberno central a posta en marcha de xulgados de reforzo nas sete grandes vilas, respaldando unha proposta do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ó CGPJ.

A deputada socialista insistiu en que ademáis “non se sabe se a solución extraxudicial aprobada polo Goberno estatal vai ser ou non efectiva”, e preguntou ó goberno galego se ten “algunha novidade” sobre o proceso, “tendo en conta que poucas entidades bancarias están aboando estas cantidades de maneira voluntaria”.

Ante “o máis que probable aluvión de demandas” polas cláusulas chan, os socialistas respaldan esta proposta de creación de novos xulgados “cos medios persoais e materiais axeitados”, considerando  “absolutamente razoable” o establecemento dun “modelo idéntico ao reforzo que houbo no seu momento cas preferentes”, non só para tramitar a devolución das cláusulas, senón “todo tipo de cuestións relacionadas coas hipotecas bancarias”.

 

Patricia Torres

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar