Os socialistas advírtenlle a Feijóo que "nunca haberá pacto nin alianza dun socialista" con quen "destroza" a sanidade pública

Os socialistas advírtenlle a Feijóo que "nunca haberá pacto nin alianza dun socialista" con quen "destroza" a sanidade pública

Os socialistas advírtenlle a Feijóo que "nunca haberá pacto nin alianza dun socialista" con quen "destroza" a sanidade pública

Carmen Acuña repróchalle que propoña que o ex presidente Felipe González lidere unha proposta conxunta para estudar a viabilidade da sanidade mentres o PP elimina a universalidade

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, advertiulle hoxe ao presidente da Xunta que “nunca vai atopar un pacto ou alianza dun socialista” con quen “dedica a súa vida a destrozar o sistema sanitario público eliminando a universalidade”. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei para garantir a sanidade universal en Galicia, que foi rexeitada polo PP.

A deputada socialista respondeulle así á proposta de Feijóo de situar ao ex presidente do goberno Felipe González á cabeza dunha proposta conxunta para estudar a viabilidade da sanidade. Censurou o cinismo amosado polo presidente da Xunta que, ao tempo que busca “cousas estrañas”, négase a atender a enfermos de VIH, tuberculose ou enfermidades contaxiosas, poñendo en perigo mesmo ao conxunto da poboación.

Acuña criticou hoxe o Real Decreto de sanidade que “nos devolve á lexislación dos anos 70 e recupera a condición de asegurado para ter dereito á protección de saúde”, un dereito que agora lle negan aos cidadáns que carezan de tarxeta sanitaria. Sinalou que o PP négalle o acceso á sanidade a inmigrantes e persoas con dificultades, e mesmo aos autónomos que teñan que abandonar o seu negocio.

Criticou a “hipocresía” do PP, que “preséntase como o principal garante dos dereitos do non nado, pero non lles doen prendas para deixar ás persoas tiradas sen asistencia sanitaria”. Lembrou que “estamos falando de dereitos inherentes á condición de cidadanía, que non poden estar condicionados por un papeliño e a solicitude dunha tarxeta”.

Premisas falsas

Instou ao goberno galego a “escoitar aos inmigrantes, aos autónomos e á UE, que nos chama a atención sobre o deterioro da atención sanitaria pública en España”, mentres o PP aplica o seu decreto “sustentado en premisas falsas”. Explicou que “non pode haber illas na saúde pública, non podemos discutir os dereitos sociais por cuestións administrativas”.

Dixo que unha mala atención sanitaria resulta “moito mais cara” a longo prazo, e explicou que o sistema nacional de saúde, custando un 6 por cento do PIB, resultaba “plenamente sostible, un dos mellores do mundo e moito mais barato que o de países do noso entorno con peor sanidade”.

Advertiu que o PP quixo xustificar o seu decreto falando de sostibilidade “mentres rescatan bancos”, presentan a “falacia do turismo sanitario”, e “escúdanse no parche do Programa Galego de Protección Social que non tiña nin que existir si o sistema sanitario conservara a súa universalidade”. Ademais, puntualizou, estase demostrando como unha ferramenta defectuosa que non garante asistencia as persoas con dificultades “por descoñecemento e falla de interese” por parte do goberno.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar