Os socialistas advirten que os orzamentos da Xunta para 2014 consolidan un recorte de 4.000 millóns de euros aos servizos públicos dende 2009

Os socialistas advirten que os orzamentos da Xunta para 2014 consolidan un recorte de 4.000 millóns de euros aos servizos públicos dende 2009

Os socialistas advirten que os orzamentos da Xunta para 2014 consolidan un recorte de 4.000 millóns de euros aos servizos públicos dende 2009

Juan Carlos González Santín lamenta que o PP rexeite a proposta de suprimir a suba do canon de Sogama e advirte que a Xunta habilita o cobro a través de recortes no Fondo de Cooperación Local

O Parlamento aproba tan só unha emenda socialista para aplicar a recadación do imposto sobre hidrocarburos aos gastos sanitarios

O portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, advertiu hoxe que o recorte nos servizos públicos esenciais do goberno galego consolida unha baixada global de 4.000 millóns de euros dende a chegada de Feijóo á Xunta, en 2009. Así o dixo no debate en Comisión das emendas aos orzamentos da Xunta para 2014.

Advertiu do recorte asestado polo presidente galego á educación, sanidade, protección aos desfavorecidos, protección social e vivenda, o que augura uns servizos públicos “moito peores” para o futuro. Ademais, malia que o paro creceu, dende 2009, en Galicia un 23 por cento mais do que creceu no resto do Estado, o goberno galego continúa reducindo as políticas activas de emprego, esta vez un 10 por cento, o que suma xa un recorte do 79 por cento dende 2009.

Apuntou que o apoio aos sectores produtivos recibe un novo recorte de 108 millóns de euros, e os gastos de capital para investimentos son os menores de todo o século, sendo xa a metade dos que destinaban os gobernos de Fraga.

A Comisión celebrada hoxe aprobou unha emenda socialista para que a Xunta destine a recadación do imposto de hidrocarburos a gastos sanitarios, o que, dixo, resulta “certamente insuficiente” ao ser a única emenda aprobada do total de 64 presentadas ao articulado. Reclamoulle ao goberno que abone ao sector dos transportes o incremento fiscal e aplique un novo plan de axudas á renovación da flota.

González Santín lamentou que o goberno galego rexeitara hoxe unha emenda socialista para garantir a prestación sanitaria universal, de feito de que toda persoa empadroada en Galicia teña dereito á asistencia gratuíta. Tamén rexeitaron garantir por Lei a gratuidade do transporte escolar, para eliminar o copago e establecer que as modificacións do servizo só se dirixan a reducir os tempos de transporte dos rapaces.

As emendas socialistas estaban destinadas a incrementar o nivel de información prestada polos orzamentos, aumentar o control do Parlamento sobre a elaboración e execución dos presupostos do goberno galego, blindar os servizos públicos, garantir as condicións e a calidade do traballo da función pública, aumentar a transparencia e incrementar os impostos para as grandes fortunas.

Sogama

O responsable socialista criticou que o PP rexeitara a emenda socialista para suprimir a suba do canon de Sogama nun 34 por cento, e advertiu que a Lei de Orzamentos da Xunta permite que o goberno galego deduza o canon do Fondo de Cooperación Local. Sinalou que “mais alá da legalidade desta decisión, non parece correcto que a Xunta actúe como recadador dunha empresa que ten un 49 por cento de capital privado”.

Reclamoulle ao goberno galego “unha solución” para acadar a viabilidade da xestión de residuos sólidos en Galicia, pero advertiu que “non é razoable unha suba dun 34 por cento da noite para a mañá”. Criticou a negativa do PP e a súa falla de disposición a solucionar o problema do lixo en Galicia, mentres “o único ao que están dispostos a falar é dun atraso de catro meses no incremento do canon”.

Advertiu que si o goberno galego impón esta suba obrigará aos concellos a facer previsións orzamentarias, reducindo os seus orzamentos de forma unilateral, e criticou que “si non terán que asumilo os cidadáns sen que saibamos moi ben para que”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar