Os socialistas advirten que o orzamento de sanidade “confirma o cambio de modelo para privatizar os servizos públicos”

Os socialistas advirten que o orzamento de sanidade “confirma o cambio de modelo para privatizar os servizos públicos”

Os socialistas advirten que o orzamento de sanidade “confirma o cambio de modelo para privatizar os servizos públicos”

Carmen Acuña considera as previsións para 2014 “insuficientes e temerarias” porque “atacan a base do sistema público”

Denuncia un recorte xeneralizado en persoal, o que anuncia “ou menos profesionais, ou menos salario ou as dúas cousas”

acuñaA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, advertiu hoxe que o orzamento da Consellería de Sanidade para 2014 “confirma o cambio de modelo que busca a dereita” para acadar a “privatización dos servizos públicos”. Así o dixo na presentación dos orzamentos deste departamento na Comisión de Orzamentos do Parlamento, que considera “totalmente insuficientes” cun novo recorte de 35 millóns de euros.

A responsable socialista dixo que o orzamento resulta “insuficiente e temerario” porque “ataca a base do sistema público”. Advertiu que “non teñen dereito a destrozar o sistema público, non é seu, é de todos os galegos e todas as galegas”, mentres están “adelgazando o público para logo e pola porta de atrás cubrir ese espazo coa privada”.

Denunciou “moito gasto en equipamento informático –cambian as pantallas dos ordenadores sen necesidade mentres proporcionan gasas que non absorben ou luvas que rompen- recortes nas ambulancias, na alimentación e no material sanitario dos hospitais”. Alertou ademais de “recortes miserables para asociacións sen animo de lucro de familiares de enfermos mentais e mesmo para atención ás drogodependencias”.

Historia clínica
Acuña alertou que o goberno pretende permitir o acceso dos centros privados á historia clínica dos pacientes, co que “non só van ceder a historia electrónica aos centros sociosanitarios liderados pola empresa Eulen, da irmá do presidente Feijóo, senón tamén aos hospitais privados”, unha decisión, que, sinalou “pode acabar no tribunais”.

A parlamentaria socialista advertiu que os orzamentos da Xunta agochan novos convenios cos centros privados para establecer “acordos a longo prazo” na única partida que se mantivo “sen apenas recortes”. Mentres, lembrou que recortes conviven coa privatización das infraestruturas sanitarias, como é o caso do Hospital de Vigo, ou privando as novas tecnoloxías, agora a través do socio tecnolóxico, “investimentos confusos e escuros”.

Acuña dixo tamén que a posta en marcha das áreas de xestión clínica agocha unha “trampa para poder modificar as retribucións dos funcionarios e para fragmentar os hospitais creando múltiples servizos autónomos facilmente privatizables”.

Recortes trampa
A deputada socialista advertiu ademais que a posta en marcha das novas áreas de xestión clínica constitúe unha “trampa para poder modificar as retribucións dos funcionarios e para fragmentar os hospitais creando múltiples servizos autónomos facilmente privatizables”.

Subliñou o recorte de tres millóns de euros nas retribucións básicas dos profesionais da sanidade pública primaria e outro millón mais en retribucións complementarias, o que anticipa “ou menos profesionais, ou menos salarios, ou as dúas cousas”. Mentres, en atención Hospitalaria recortan 9 millóns de presuposto, un millón menos para os profesionais.

Alertou que “recortan tamén nos produtos alimenticios e nos produtos farmacéuticos e material sanitario hospitalario” e criticou que “teremos que ingresar nos hospitais públicos coa fiambreira, coas compresas, as medicinas e as pomadas” e dixo que “dentro de pouco teremos que levar tamén os sistemas de suero e as vías pois as que poñen vostedes don serven para nada”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar