Os socialistas advirten que o desleixo da Xunta “o pagarán os gandeiros galegos cando haxa unha baixada de prezos” no sector lácteo

Os socialistas advirten que o desleixo da Xunta “o pagarán os gandeiros galegos cando haxa unha baixada de prezos” no sector lácteo

Os socialistas advirten que o desleixo da Xunta “o pagarán os gandeiros galegos cando haxa unha baixada de prezos” no sector lácteo

Pablo García reclámalle ao goberno galego que aproveite a alza de prezos pola demanda externa para introducir contratos lácteos que protexan aos produtores

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, criticou hoxe o desleixo do goberno galego á hora de garantir a estabilidade do sector lácteo. Dixo que a renuncia a aplicar medidas que permitan garantir os prezos supón “cebar outra gran crise” na que os produtores de leite quedarán sen o apoio do goberno galego.

O responsable socialista salientou que a día de hoxe non se cumpriu ningún dos compromisos asinados por Feijóo cos gandeiros hai un ano, en plena folga sectorial, co que “demostrou que o presidente da Xunta ademais de non ter palabra tampouco ten firma”.

Explicou que deixa aos gandeiros e gandeiras “na mais absoluta das indefensións” ao renunciar a desenvolver as medidas comprendidas no coñecido como “paquete lácteo” e diante da desaparición inminente do sistema de cota láctea como mecanismo de control do mercado.

Explicou que “mentres os nosos máis directos competidores están aproveitando nestes momentos onde o prezo do leite está alto para asinar contratos de longa duración e polo tanto garantir así unha estabilidade, aquí os contratos son de dous ou tres meses incumprindo a lei coa bendición do goberno galego”.

O deputado socialista engadiu que “no momento que haxa excedentes as industrias terán que cumprir eses contratos fóra, e en Galicia os gandeiros e gandeiras galegas pagarán os pratos rotos e acusarán máis a baixada ó atoparse sen contrato”.

Sinalou así que a Lei de Cadea Alimentaria do goberno galego “non recolle as inquedanzas nin pretensións” dos gandeiros, establecendo un sistema de arbitraxe que suporá unha “falsa caricatura do sistema francés”. Xa que ó contrario que alí, aquí se trata de algo voluntario e non vinculante, polo que as industrias non van a permitir que se desenvolva.

García acusou á Xunta de carecer de “ningún tipo de medida dirixida a consolidar a estabilidade de prezos”, e criticou a rebaixa nos orzamentos para encetar a mobilidade de terras, a pesares de que o Presidente da Xunta di tódolos días que é o "gran problema de este país".

Advertiu que “incluso no debate do estado de autonomía o marcaba como un dos seus principais obxectivos, se despacha nos orzamentos con unha partida de millón e medio de euros, reducindo xa a irrisoria cantidade de anos anteriores”. Pablo García puntualizou que "se para o gran problema vamos a facer ese esforzo, no me imaxino o que pasará cos problemas máis pequenos".

Lembrou que o goberno galego foi mesmo incapaz de executar as axudas previstas para garantir liquidez ás explicacións, e os seguros agrarios son imposibles de contratar con subas das pólizas de entre o 12 e o 150 por cento. Ademais, o Executivo tamén fracasou na busca dunha solución definitiva aos problemas provocados pola fauna salvaxe.

O que diga Cañete

Pablo García advertiu que o goberno galego aínda non ten ofrecido ningún tipo de posición diante da reforma da PAC, co que “Feijóo limítase a asentir co que diga Arias Cañete”, e salientou a falla de interese do actual ministro coa situación e características particulares dos gandeiros galegos. A Xunta é unha das poucas comunidades autónomas que non ten posición.

Lembrou que “mentres que a case totalidade de Comunidades Autónomas van á negociación con unha posición parlamentaria unánime, cousa que a Conselleira aquí rexeitou diante de numerosas iniciativas nese sentido do PSdeG, a conselleira do Medio Rural acude coa consigna de que o que diga Cañete, o que é unha mostra máis do desinterese deste goberno polo sector primario”.

O responsable socialista lembrou finalmente que o sector lácteo aínda non coñece os supostos acordos beneficiosos que anunciara Feijóo na súa última viaxe a México, e preguntou en sentido irónico si “estaremos pendentes do resultado de Pemex cos contratos para os floteis para os estaleiros galegos”, que levan adiados mais de un ano dende o anuncio do presidente galego, e da súa sinatura en directo na televisión.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar