Os socialistas advirten que o déficit agochado por Feijóo constitúe "unha bomba de reloxería"

Os socialistas advirten que o déficit agochado por Feijóo constitúe "unha bomba de reloxería"

Os socialistas advirten que o déficit agochado por Feijóo constitúe "unha bomba de reloxería"

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, dixo hoxe que o déficit agochado por Feijóo constitúe “unha bomba de reloxería” para a situación económica de Galicia. Así o dixo logo de constatar a “enxeñería contable” coa que desprazou 80 millóns de euros entre 2009 e 2010 –e que o propio presidente da Xunta admitiu- e outros 411 entre 2010 e 2011, tal e como sinalou o Consello de Contas.

O responsable socialista negou que estes mecanismos sexan habituais, xa que o goberno socialista renunciou a utilizalos. Esixiulle ao presidente da Xunta que explique a contía desviada entre os anos 2011 e 2012, logo de que os “datos atípicos” de déficit e débeda recollidos no primeiro semestre de 2012 anuncien “ou unha mala xestión ou que están recollendo as facturas non admitidas en 2011”.

Advertiu que mentres o déficit os seis primeiros meses do ano fora do 0,55 do PIB de media das comunidades autónomas, en Galicia foi o dobre, co 1,1. Con relación ao gasto público, dixo que este creceu entre xaneiro e xuño de 2012 dez puntos mais que no resto das comunidades autónomas, xa que mentres a media estatal foi dunha redución do 7,95 por cento, en Galicia creceu un 2,7 por cento.

O portavoz socialista desmentiu que este tipo de “manobras financeiras” sexan habituais, como dixo onte Feijóo, xa que malia que foron aplicadas polo PP tanto agora como con Fraga, o goberno socialista de Emilio Pérez Touriño renunciou a elas. Dixo que constitúen unha boa mostra da “enxeñería contable” que a dereita aplicou xa no sector privado e que deu o resultado da crise económica global.

Losada tomoulle a palabra ao presidente electo da Xunta de Galicia, que onte anunciou ánimo de consenso e negou que a maioría fora un cheque en branco, para reclamarlle que “non enganen en termos de financiamento”. Anunciou así que ao comezo da próxima lexislatura o Grupo Socialista presentará unha serie de iniciativas parlamentarias para garantir un control efectivo das contas por parte do Parlamento e impedir “trampas contables”.

Desemprego

Abel Losada sinalou que o descenso do desemprego rexistrado no terceiro trimestre resulta “insuficiente” por canto hoxe hai en Galicia 38.000 parados mais, 40.000 ocupados menos e 15.000 fogares mais con tódolos membros en paro que no mesmo trimestre de 2011.

Dixo que os datos de desemprego en Galicia abocan a unha situación “difícil e insostible no tempo” por canto o número de ocupados no sector industrial de Galicia descendeu en 4.000 neste trimestre, e suman 18.000 menos no que vai de ano. Sinalou así que “a economía produtiva é un músculo fundamental para a nosa economía”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar