Os socialistas advirten que o copago e o mapa sanitario “van laminar o dereito á saúde tamén das persoas con discapacidade”

Os socialistas advirten que o copago e o mapa sanitario “van laminar o dereito á saúde tamén das persoas con discapacidade”

Os socialistas advirten que o copago e o mapa sanitario “van laminar o dereito á saúde tamén das persoas con discapacidade”

Patricia Vilán apoia a proposta de creación do Valedor da persoa con discapacidade

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión de Peticións ao Valedor do Pobo, Patricia Vilán, advertiu hoxe que a imposición do repago de medicamentos e o novo mapa sanitario decretados por Feijóo “van laminar profundamente o dereito á saúde tamén das persoas con discapacidade”. Así o dixo no debate do informe do Valedor sobre os dereitos das persoas con discapacidade intelectual.

A responsable socialista explicou que o repago de medicamentos obrigará a grandes desembolsos en moitos casos inasumibles para unhas persoas “que poden estar atadas a unha medicación da que non poden prescindir”. Advertiu ademais que os futuros repagos para o acceso a determinados servizos “pode levar ás persoas discapacitadas á falla de servizo profesional ou á atención exclusivamente doméstica”.

Vilán lembrou que, debido á difícil situación á que se enfrontan, moitas destas familias “teñen como únicos ingresos os derivados das pensións dos seus familiares con discapacidade”.

A esta situación se engade que o novo mapa sanitario imposto polo goberno galego obriga a “desprazamentos a outras áreas sanitarias” a costa dos propios afectados. Lembrou que o desmantelamento do servizo de traslados 065 e a implantación dun “copago efectivo” no mesmo ao desprazalo ao sistema de promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas con dependencia.

Patricia Vilán preguntou “que vai pasar coa Lei contra o Aborto cando unha muller discapacitada intelectual quede embarazada, por exemplo consecuencia dunha violación que nestes casos nunca é denunciada, cunha avaliación da súa incapacidade sen resolver, probablemente sen traballo e tendo que copagar medicamentos, sen o 065 e sen medios económicos nin axuda”.

Valedor da persoa con discapacidade
A deputada socialista saudou a iniciativa do Valedor do Pobo de regular por Lei o Valedor da persoa con discapacidade, que garanta unha defensa adecuada deste colectivo. Vilán considerou “axeitadas” as conclusións do informe sobre “Os dereitos das persoas con discapacidade intelectual en Galicia”, presentado hoxe na Comisión de Peticións do Parlamento.

Reclamoulle ao goberno galego que asuma as conclusións que apuntan a que hai “áreas básicas nas que as persoas discapacitadas precisan de especial apoio, como son a educación, a seguridade e a sanidade”. Así, sinalou que resulta “básico” que teñan unha atención temperá “prioritaria, inmediata e incondicional”, ademais do máximo progreso posible para a realización individual dos dereitos humanos.

Tamén apoiou a recomendación do Valedor para encetar un cambio terminolóxico en favor do uso do termo “discapacidade”, ou considerar o internamento involuntario como a última ratio, e esixiu a coordinación entre os servizos de saúde mental e os servizos sociais. Esixiu tamén unha protección especial para nenas e nenos con discapacidade, así como para as nenas e mulleres, sometidas a maiores riscos de discriminación.

Finalmente, considerou fundamental garantir o dereito a unha educación inclusiva “como medio imprescindible para facer unha sociedade mais igualitaria e para apoiar o acceso ao emprego das persoas discapacitadas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar