Os socialistas advirten que Feijóo gastou 40 millóns de euros en propaganda en catro anos

Os socialistas advirten que Feijóo gastou 40 millóns de euros en propaganda en catro anos

Os socialistas advirten que Feijóo gastou 40 millóns de euros en propaganda en catro anos

Marisol Soneira critica o mantemento do gasto de persoal de libre designación mentres “ningún indicador ten mellorado”

A parlamentaria socialista Marisol Soneira sinalou que o presidente da Xunta ten gastado nunha soa lexislatura en torno a 40 millóns de euros “en publicidade e propaganda”. Así o dixo na presentación dos orzamentos da secretaría xeral de Presidencia da Xunta, que incrementa o seu peso nas contas do goberno dende o 1,9 ao 2,6 por cento entre 2009 e 2014.

Soneira criticou an discrecionalidade na asignación de axudas aos medios, por canto o próximo ano serán destinados 1,5 millóns de euros a medios de comunicación social, e outros 1,1 millóns de euros a empresas de radio, fronte a tan só 41.341 euros destinados ás publicacións en galego. Neste sentido, lembrou que o criterio para a concesión das emisoras de radiofrecuencia foi beneficiar á emisora da conferencia episcopal.

A responsable socialista criticou que o goberno galego manteña a “letanía” de reducir o gasto en persoal de confianza cando a realidade é que malia que reduciron o número de traballadores pola “voadura controlada da secretaría xeral de Emigración” a realidade é que manteñen o gasto en persoal de libre designación. Mentres, destinan 44,5 millóns de euros á contratación polo proceso negociado “para as mesmas empresas” a través do Amtega.

Todos contra todos

Soneira advertiu así que mentres manteñen o gasto en gabinetes de persoal abandonan ao sector turístico ata que teña os peores datos de todo o norte da península, ou fomentan o enfrontamento na política aeroportuaria “cando en lugar de coordinar aos tres aeroportos provocan o todos contra todos”.

Ademais, subliñou o “desleixo” coa política de emigración, que “deixou de ser unha política deste goberno” ao reducir o seu orzamento nun 61 por cento, desbotando a axuda de “galegos e fillos de galegos dispostos a botarnos unha man”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar