Os socialistas advirten que Feijóo desmantela a Lei da Dependencia para garantir “nichos de mercado” e beneficios empresariais en plena crise

Os socialistas advirten que Feijóo desmantela a Lei da Dependencia para garantir “nichos de mercado” e beneficios empresariais en plena crise

Os socialistas advirten que Feijóo desmantela a Lei da Dependencia para garantir “nichos de mercado” e beneficios empresariais en plena crise

Carmen Gallego denuncia unha “decisión política cruel, inxusta e inhumana” obrigando á reavaliación dos dependentes para rebaixar as súas prestacións

“Non lles importan as persoas que o están pasando mal, impórtanlles os beneficios das empresas”. Así resumiu Carmen Gallego a “decisión política, cruel, inxusta e inhumana” do goberno galego para trocear e privatizar a atención aos dependentes para garantir “nichos de mercado” e preservar os intereses das empresas en plena crise económica.

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Socialista presentou unha moción no Pleno na que acusou ao goberno galego de impoñer unha reavaliación dos dependentes a partires do próximo 1 de marzo para rebaixarlles as prestacións e polo tanto recortar dereitos e prestacións. A proposta foi rexeitada polo PP, confirmando, dixo, que “están desmontando a Lei por unha decisión ideolóxica”.

Criticou así a “complicidade e complacencia” do goberno galego coa estratexia do goberno central de desmantelar a Lei de Autonomía persoal para garantir o mercado das políticas sociais e buscarlle negocio ás empresas. Advertiu que o PP está a asestar este novo recorte de dereitos e prestación “a costa dos mais débiles”, xa que “non lles importan as persoas que o están pasando mal”.

Os socialistas galegos reclamaron hoxe que o Goberno evite recortes nas prestacións mantendo os dereitos recoñecidos ata a data amparados pola Lei de Dependencia, agás aqueles que teñan empeorado e precisen novas avaliacións. Ademais, reclamou que os servizos recollidos na carteira de servizos sociais sexan prestados polas administracións públicas, e non sexan privatizados.

Finalmente, instan ao goberno galego a asegurar que non haberá novos copagos nin incremento dos xa existentes “na determinación do sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do custe dos servizos”.

Desmantelamento

Carmen Gallego acusou ao Goberno de Feijóo de ser “cómplice do desmantelamento” da Lei de Promoción da Autonomía Persoal, tamén coñecida como Lei da Dependencia, e explicou que actualmente hai en Galicia 56.835 persoas con dereito recoñecido, pero 18.106 aínda non o cobraron. Sinalou que a xestión do goberno galego situou a Galicia nas peores ratios do Estado, só por diante de Murcia e Canarias.

Lembrou que as persoas con dereito ás prestacións recoñecidas aumentaron dende os 31.689 de 2008 ás 50.000 de 2009, 65.000 en 2010 e o máximo de 89.640 en 2011. A partir dese momento, cando Rajoy comeza a gobernar, os axustes orzamentarios provocan a “diminución brutal” de dependentes con prestación, baixando aos 62.000 en 2012 e 56.000 en 2013.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar