Os socialistas advirten que a Xunta “pide fe, non ofrece esperanza e condena ao naval de Vigo e Ferrol á caridade”

Os socialistas advirten que a Xunta “pide fe, non ofrece esperanza e condena ao naval de Vigo e Ferrol á caridade”

Os socialistas advirten que a Xunta “pide fe, non ofrece esperanza e condena ao naval de Vigo e Ferrol á caridade”

Abel Losada sinala que a industria naval galega constitúe “o exemplo paradigmático do fracaso dos gobernos de Feijóo” cun índice de actividade 0 no primeiro trimestre de 2014

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, criticou que a Xunta “pide Fe, non ofrece Esperanza e condena a –o naval de- Vigo e Ferrol á caridade”. O responsable socialista referiuse así, na comparecencia do conselleiro de Industria no Pleno do Parlamento, á xestión da industria naval por parte do Executivo galego, que supón, dixo, “o exemplo paradigmático do fracaso dos gobernos de Feijóo”.

Losada censurou que o goberno galego só sexa capaz de ofrecer “teoloxía” a un sector que conta as promesas de Feijóo por mentiras e que obtivo un índice de actividade ponderada 0 nos estaleiros galegos no primeiro trimestre de 2014. Lamentou que o conselleiro teña omitido da súa intervención a situación das persoas cando dúas terceiras partes dos emprego do naval foron destruídos co actual presidente da Xunta.

Criticou que a Xunta “non está buscando solución aos problemas” do sector, mentres en Vigo o 70 por cento dos traballadores do naval están desempregados e a Xunta “converte o mercado laboral do naval vigués nunha selva”. Mentres, Ferrol é a cidade galega coa maior taxa de paro, o 33 por cento, e só no último ano foron despedidas 1.815 persoas en Navantia sen que teña recibido ningún novo contrato dende o goberno de Zapatero.

O parlamentario socialista sinalou que, malia ao compromiso de Feijóo de non mentirlle aos galegos e galegas, ata hoxe aínda non cumpriu unha soa das súas promesas para levar o centro de reparacións e o dique flotante a Ferrol, así como os 14 remolcadores que ían ser encargados por Pemex, os dous quimiqueiros ou mesmo os gaseiros.

Losada apelou ao sentido da vergonza dos responsables do goberno galego logo de constatar que a listaxe das promesas incumpridas no naval de Vigo “é moi triste”, mentres a de Ferrol “é verdadeiramente dramática”.

Explicou neste sentido que “non teñen a mais mínima intención política de construír o dique flotante en Ferrol”, logo de constatar que malia que nos orzamentos de 2014 figuraba unha partida de 5 millóns de euros, a última modificación de crédito retiroulle 1,54 millóns para préstamos a longo prazo, anticipando a súa desaparición.

Execución orzamentaria

Abel Losada dixo que esta situación corresponden precisamente á Consellería co nivel de execución orzamentaria mais baixa, que deixou 80 millóns de euros sen tocar “na carteira” do ano 2013. Isto supón por exemplo que o programa de modernización, internacionalización e mellora só foi cumprido nun 30,5 por cento, e as transferencias de capital ao Igape tiveron unha execución inferior ao 20 por cento.

Mentres, o goberno galego ofrece “milongas” para agochar que a caída da produción industrial supera en catro veces á media estatal –unha caída do 1,9 por cento fronte á caída do 7,8 por cento-, que o traballo no sector industrial diminuíu un 28 por cento dende a chegada de Feijóo e que a industria galega supoña o 12 por cento do PIB, a metade de Alemaña.

Lembrou así que o presidente da Xunta comprometera 14.000 empregos e 6.000 millóns de euros no concurso eólico, outros 250 millóns e 1.000 empregos na planta de Mitsubishi na Plisan, un investimento de 270 millóns de euros pola empresa Beijing 3E en Punta Langosteira e outros 287 millóns anuais para a planta de vehículos eléctricos de Xero Electric en Melón. Puntualizou que ningunha destas promesas foi cumprida.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar