Os socialistas advirten que a supresión das primas á coxeneración pode incrementar aínda mais o canon de Sogama

Os socialistas advirten que a supresión das primas á coxeneración pode incrementar aínda mais o canon de Sogama

Os socialistas advirten que a supresión das primas á coxeneración pode incrementar aínda mais o canon de Sogama

Patricia Vilán lamenta a negativa do PP a pedirlle á Xunta que suprima a suba do 34 por cento no canon e a aprobar un novo plan de Residuos urbanos en cooperación cos concellos

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, advertiu hoxe que a supresión, no Consello de Ministros do pasado venres, das primas á coxeneración podería provocar unha nova suba do canon de Sogama, a maiores do 34 por cento decretado unilateralmente polo goberno galego e que se aplicará a partires do próximo mes.

A deputada socialista esixiulle ao goberno galego que aclare cal será a súa postura diante desta previsible nova suba unilateral provocada pola xestión do PP, desta volta no goberno central. Así o dixo no debate dunha moción socialista na que reclamou a retirada da suba do canon e un novo Plan de residuos en cooperación cos concellos, o que foi rexeitado polo PP.

Os socialistas galegos esixíronlle ao goberno galego a “retirada inmediata e urxente do incremento do 34 por cento no canon” polo tratamento de residuos que o goberno galego presentou “agochado nunha Lei de Orzamentos”. Acusou ao conselleiro de Medio Ambiente de ter agochado a suba do canon ata finais de 2013, despois das eleccións, malia telo decidido dende 2012.

Reclamoulle ao goberno galego traballo “en coordinación coas administracións locais”, tratándoas como “principais valedores de Sogama” e non como “meros clientes no modelo de eliminación de residuos”. A deputada socialista lembrou que ata 35 concellos de tódalas cores políticas se teñen oposto ao canon esixido polo goberno galego e ven o incremento como consecuencia da “irresponsabilidade” do goberno galego.

Chamou ao goberno galego a considerar “qué resulta mais caro, ampliar Sogama, facer outra planta ou implicar ás entidades locais nunha inversión en plantas de reciclaxe e valorización de cercanía creando emprego en toda Galicia”.

Explicou que o modelo de incineración e soterramento de residuos está “esgotado” cando Galicia é xa a primeira autonomía do Estado en volume de lixo incinerado, queimando o 70 por cento do total dos residuos xerados, incinerando o 42 por cento dos restos orgánicos.

Plan de residuos urbanos

Os socialistas galegos demandaron un novo plan de residuos urbanos adecuado á xerarquía establecida na Directiva comunitaria 2008/98 que prioriza a prevención, reutilización e reciclaxe antes da eliminación dos residuos. Ademais, chama a converter á planta na xestora do conxunto dos residuos orixinados en Galicia.

Constatou a proposta dos socialistas galegos de constituír na Federación Galega de Municipios e Provincias un grupo de traballo que estude a modificación do actual plan, acadando o imprescindible marco de consenso e estreita colaboración con concellos e deputacións.

Vilán puntualizou que o modelo de xestión de residuos de Sogama debe ser “sostible ambientalmente, complementado por outros mais achegados no territorio en virtude da proximidade, e residual con relación ás novas plantas de reciclaxe, separación e valorización anexas”.

A deputada socialista advertiu que o goberno galego quere ampliar Sogama e “seguir soterrando e incinerando” a pesares de que os residuos teñen diminuído un 11,5 por cento entre 2009 e 2012. Advertiu ademais que o obxectivo de implicar a concellos e cidadanía na prevención, reutilización e reciclaxe resulta inviable cun investimento de menos de 29.000 euros en educación.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar