Os socialistas advirten que a reforma laboral de Feijóo e Rajoy supón “a morte anunciada do Estado do Benestar e dunha sociedade xusta”

Os socialistas advirten que a reforma laboral de Feijóo e Rajoy supón “a morte anunciada do Estado do Benestar e dunha sociedade xusta”

Os socialistas advirten que a reforma laboral de Feijóo e Rajoy supón “a morte anunciada do Estado do Benestar e dunha sociedade xusta”

María Quintas acusa ao goberno galego de ofrecer aos traballadores galegos “submisión ou emigración”

O PP rexeita unha iniciativa socialista para que a Xunta inste ao goberno a paralizar a reforma laboral

A portavoz de Emprego do Grupo Socialista, María Quintas, dixo que a reforma laboral de Feijóo e Rajoy estáa provocar “a morte anunciada do Estado do Benestar e dunha sociedade xusta”. Así o dixo no debate dunha Proposición non de Lei na que os socialistas galegos reclamáronlle ao goberno galego que paralice dita reforma que condena aos traballadores á “submisión ou emigración”, e que foi rexeitada polo PP.

A deputada socialista denunciou o desleixo do goberno galego fronte ao desemprego, que levou a Galicia a ter o maior número de parados da historia, convertendo a Galicia na Comunidade Autónoma na que mais medrou o paro, ademais de ter a caída da afiliación á Seguridade Social mais elevada do Estado. Sinalou que en Galicia hai hoxe 277.8000 parados, 115.100 mais que cando Feijóo chegou a San Caetano.

A deputada socialista dixo que as políticas de Feijóo provocaron que 662.000 persoas –o equivalente á poboación de Lugo e Ourense- estean hoxe baixo o limiar da pobreza e en risco de exclusión social e 100.000 en pobreza extrema. Ademais, dixo, hai hoxe 90.000 fogares con tódolos seus membros en paro e hai 30.000 nos que non entra ningún ingreso.

Criticou que fronte a esta situación dramática o goberno galego “aplaude” unha reforma laboral que supón a “perda de dereitos e de dignidade”, facilitando o despedimento, deteriorando o marco de relación laborais, precarizando as condicións de traballo e impedindo a articulación da cohesión social e laboral.

Sinalou que a xestión do PP sitúa o despedimento como o recurso mais doado para gañar a competitividade e consolida un modelo produtivo de baixos salarios en lugar de incrementar a produtividade. Ademais, esta reforma continuará elevando a taxa de paro, rebaixando as condicións laborais e salariais dos traballadores e polo tanto reducindo o consumo privado.

Plan de emprego

Quintas acusou ao presidente da Xunta de ter provocado que mais de 70.000 mozos e mozas marcharan de Galicia na busca de emprego, mentres outros 74.100 permanecen no paro, un 16,3 por cento mais que a finais de 2009. Como resposta, dixo, Feijóo presenta un Plan de Emprego Xuvenil omitindo que o financiamento procederá da UE e que demostra que “os gobernos do PP en Galicia e Madrid non son capaces de controlar o paro”.

Lembrou que o goberno galego non ten encetado ningunha iniciativa que reactive o emprego, rebaixou o orzamento en políticas de emprego sistematicamente dende 2009, cando nin sequera son quen de executar as partidas aproban, permitindo que os mozos e mozas de Galicia “emigren sen futuro”.

Iniciativa

Os socialistas galegos presentaron unha proposición non de Lei para rexeitar a reforma laboral e recuperar o esforzo investidor en materia de políticas de emprego de 2009. Ademais, propoñen recuperar o Salario Galego de Inserción, facilitar a formación dos demandantes de emprego, ampliar os pactos territoriais de emprego e propiciar acordos entre sindicatos e patronal para poñer en valor a calidade do emprego.

Ademais, reclámanlle ao goberno galego que esixa unha maior participación das persoas traballadoras na toma de decisión das empresas, e propoñen a creación do distintivo de “empresa responsable” para avaliar a calidade e mantemento da creación de emprego. Tamén solicitan un programa mixto de emprego e formación para persoas con cargas familiares e sen prestacións de desemprego.

Finalmente, os socialistas galegos reclaman incentivos para a contratación de maiores de 50 anos e perceptores de subsidios, e priorizar ás persoas maiores de 50 nos programas de cooperación.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar