Os socialistas advirten que a Lei de Garantías Sanitarias “equipara a sanidade pública e privada”

Os socialistas advirten que a Lei de Garantías Sanitarias “equipara a sanidade pública e privada”

Os socialistas advirten que a Lei de Garantías Sanitarias “equipara a sanidade pública e privada”

Carmen Acuña sinala que a Xunta implanta o desvío de doentes á empresa privada, na que obriga ao pago por adiantado da consulta

sanidadeA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, advertiu hoxe que a Lei de Garantías Sanitarias “equipara a sanidade pública e a privada”. Acuña interveu no debate do ditame desta Lei, que foi aprobado na Comisión de Sanidade incluíndo tres emendas -10, 31 e 52- e unha transacción –emenda número 41- das 76 presentadas polos socialistas galegos.

Acuña advertiu que esta Lei permite que os doentes que non poidan ser atendidos no sistema público sexan derivados á concertada e a centros privados. Dixo que esta situación supón en realidade a perda dos dereitos dos doentes, que se ven abocados a adiantar o pago da consulta, co que preguntou “onde van si non teñen os cartos?”, co que “acabarán coas listas de espera por telas baleirado, pero non solucionado”.

Explicou que esta norma constitúe unha “lei trampa” que en realidade supón un “cheque en branco para a Consellería” e que “non mellora as garantías nin está elaborada para os doentes” e constitúe a mellor mostra do “autismo político” amosado polo PP. Criticou que teñan presentado unha Lei de Garantías na que non saben o que garanten, nin a quen, nin cando, como nin porque”.

Acuña Ironizou con que a norma teña a “marca PP: Preocupante e Perigosa”, que continúa na estratexia de privatización do sector público para garantir o negocio privado, tal e como confirman os orzamentos da Xunta para o próximo ano, e ratifica a perda da universalidade na sanidade.

Dixo que esta norma “xera diferenzas entre as persoas que teñen cartos e as que non, as que viven no rural e no urbano e entre os hospitais excelentes e os demais”. Carmen Acuña sinalou que a norma é “inútil e innecesaria” e que ademais foi “duramente criticada e cuestionada dende o Consello Económico e Social.

Reclamou que a Lei estableza a necesidade de coñecer as listas reais de espera, así como a eliminación da discrecionalidade do titular da Consellería de Sanidade. A deputada socialista esixiu tamén a ampliación das garantías sanitarias ao eido ambulatorio, xa que a Lei só se remite ao hospitalario, pero, dixo, “a atención primaria tamén existe”.

Finalmente, os socialistas reclamaron a ampliación das enfermidades suxeitas a unha segunda opinión, para que toda persoa diagnosticada dunha enfermidade especialmente grave teña dereito a unha segunda opinión sobre a diagnose e o tratamento.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar