Os socialistas advirten dos "cero resultados" do goberno galego para defender aos pensionistas emigrantes retornados

Os socialistas advirten dos "cero resultados" do goberno galego para defender aos pensionistas emigrantes retornados

Os socialistas advirten dos "cero resultados" do goberno galego para defender aos pensionistas emigrantes retornados

Carmen Gallego sinala que a Xunta incumpriu o acordo unánime do Parlamento para regularizar a situación deste colectivo, que está a recibir novas sancións

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, lamentou hoxe os “cero resultados” acadados polo goberno galego na defensa dos pensionistas emigrantes retornados. Así o dixo no debate dunha pregunta oral sobre o incumprimento do acordo unánime do Parlamento para regularizar a situación deste colectivo.

Gallego denunciou o desleixo do goberno galego fronte a situación duns inmigrantes aos que a Axencia Tributaria comezou a reclamarlles por non declarar as pensións cobradas en terceiros países. Gallego alertou de que actualmente estanse atopando novas sancións e “a xente está asustada porque non saben si declarar voluntariamente para que lles veña unha reclamación ou quedarse quietos”.

A deputada socialista criticou que o goberno “o único para o que ten celo é para reclamarlle aos pensionistas emigrantes ao mesmo tempo que ofrece amnistía fiscal e perdóns de 200.000 euros aos defraudadores que teñen contas en Suíza”.

Incumprimento do acordo

Acusou ao goberno galego de incumprir co acordo unánime acadado no Parlamento de Galicia o 11 de setembro de 2013 para regularizar a situación destes pensionistas “sen consideralos defraudadores fiscais” e ofrecerlles información pormenorizada e homoxénea das súas obrigas fiscais. Criticou que ano e medio despois non hai “nin información pormenorizada nin homoxénea nin os están regularizando”.

Dito acordo establecía ademais habilitar períodos de pagamento mais longos no caso de ter que afrontar pagos polas declaracións complementarias, o que “estase facendo nuns sitios si e noutros non”. Mentres, incumpre o acordo no canto a eximir do pago de sancións a aqueles pensionistas que regularicen a súa situación.

Tampouco se cumpre a solicitude de revisión dos convenios marco con outros países para evitar que esta situación se repita, así como a petición de estimar os recursos ante as sancións que xa foron comunicadas para arquivar os expedientes. Lamentou que en lugar de cumprir co acordo “o que está pasando é que os pensionistas emigrantes continúan cos seus expedientes e mesmo atópanse con notificacións novas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar