Os socialistas advirten “do risco para os tres aeroportos galegos” que supón o proceso de privatización de AENA impulsado polo PP

Os socialistas advirten “do risco para os tres aeroportos galegos” que supón o proceso de privatización de AENA impulsado polo PP

Os socialistas advirten “do risco para os tres aeroportos galegos” que supón o proceso de privatización de AENA impulsado polo PP

“A Xunta non fixo o esforzo necesario para que Galicia sexa un polo de atracción turística”, afirma o deputado Raúl Fernández

Os socialistas galegos advertiron hoxe no Parlamento “do risco para os tres aeroportos galegos” que supón o proceso de privatización de AENA impulsado polo Partido Popular, onde só primarán os aspectos de rendibilidade económica.

“O Goberno socialista abría a porta a entrada de capital privado en AENA ata un máximo do 49% para preservar o seu carácter público, pero agora o PP abre a porta á privatización do 60% do capital, o que pon en risco o mantemento dos servizos e a operatividade futura de Lavacolla, Alvedro e Peinador”, asegurou o deputado socialista Raúl Fernández nunha pregunta oral na Comisión de Ordenación Territorial.

Na súa exposición, Fernández responsabilizou da caída de viaxeiros a que “a Xunta non fixo os deberes nin o esforzo necesario para facer de Galicia un polo de atracción turística”, recortando 131 millóns de euros o investimento no sector entre 2010 e 2014. Na súa resposta, a directora xeral de Mobilidade, Camino Triguero, non negou que a privatización da xestión aeroportuaria pode ser inminente, sen concretar as consecuencias que pode ter o proceso.

Fernández lembrou a importancia para Galicia das infraestruturas aeroportuarias en Santiago, Vigo e A Coruña, e manifestou que pasaron do seu máximo histórico en 2011, con 4,5 millóns de viaxeiros, ao mínimo de 3,6 millóns en 2013.

A entrada de capital privado, e polo tanto a priorización da rendibilidade económica, abocará ao recorte de servizos ou incluso ao peche dos aeroportos menos rendibles, cando actualmente AENA é unha infraestrutura que se autofinancia e “non custa un euro aos cidadáns”. “Os aeroportos galegos son modernos e competitivos, pero nin o Goberno central nin a Xunta fan o necesario para manter o seu carácter estratéxico”, engadiu Fernández.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar