Os socialistas advirten do conflicto que crea ás comisións a imposición da licenza para a organización das festas tradicionais

Os socialistas advirten do conflicto que crea ás comisións a imposición da licenza para a organización das festas tradicionais

Os socialistas advirten do conflicto que crea ás comisións a imposición da licenza para a organización das festas tradicionais

A Lei 9/2013 de emprendemento obriga a solicitar licenza para todas as celebracións que requiran instalación de palcos ou estruturas móbiles

Para Sánchez Bugallo isto provoca unha complicación monumental para as comisións non profesionais e para os propios concellos

Esixe a Conde unha rectificación para non crear un problema onde non o había

O parlamentario socialista, Xose A. Sánchez Bugallo, ven de denunciar o “conflito” que causa coas tradicionais comisións de festas de barrios e parroquias a lei 9/2013 do emprendemento e a competitividade económica de Galicia, publicada no DOG o 19 de decembro, nomeadamente o seu artigo 41 c) que indica que a celebración de espectáculos e actividades extraordinarias e, en todo caso, os que requiran instalacións de escenarios e estruturas móbiles estarán sometidos a licenza.

O deputado socialista salienta que o cumprimento desta norma obriga aos organizadores das festas tradicionais nas parroquias a presentar proxectos de seguridade e instalacións, así como os seguros correspondentes.

O parlamentario socialista critica que unha lei de emprendemento “se meta a regular estes temas, xa que o único que fai, en lugar de simplificar, é xerar un problema onde non o había”. Un problema “por partida dobre”, insiste Bugallo, xa que ademais de afectar ás comisións de festas non profesionais tamén se ven metidos nunha “complicación monumental” os concellos.

Sánchez Bugallo presentou unha iniciativa parlamentaria na que require do conselleiro de Economía unha solución a este problema.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar