Os socialistas advirten de que Galicia é a cuarta comunidade de España na que menos creceu o emprego no último ano

A portavoz de emprego do grupo socialista, Noela Blanco, advirte de que tras os datos coñecidos da EPA está a realidade de que “Galicia é a cuarta comunidade de España na que menos creceu o emprego no último ano” e que a ocupación crece a metade que na media española (un 1,44% en Galicia polo 2,80% en España), polo que Galicia segue a ir “a outra velocidade, sempre moi por detrás da recuperación” no resto do Estado.

Blanco destaca que “a estes datos hai que engadirlles que os salarios dos galegos e galegas son moito máis baixos que no resto de España”, e o resultado é que “o peso económico e laboral” da comunidade “encolle”. Tamén o número de parados en Galicia diminuíu en menor medida que no resto de España, polo que os socialistas reclámanlle á Xunta “máis rigor, análise serio e medidas máis aló da publicidade e propaganda”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar