Os socialistas advirten da "falla de iniciativa política" e desleixo da Xunta para aplicar contratos lácteos

Os socialistas advirten da "falla de iniciativa política" e desleixo da Xunta para aplicar contratos lácteos

Os socialistas advirten da "falla de iniciativa política" e desleixo da Xunta para aplicar contratos lácteos

Pablo García considera “unha tomadura de pelo” que a conselleira de Medio Rural responsabilice aos gandeiros da falla de contratos e da duración dos mesmos

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, criticou a absoluta “falla de iniciativa política” da Consellería do Medio Rural para implantar o paquete lácteo diante da desaparición do sistema de cotas. No debate dunha interpelación do Grupo Socialista, responsabilizou á conselleira de que “hoxe esteamos igual que en 2009” sen contratos e ao albur das baixas estacionais de prezos.

O responsable socialista considerou “unha tomadura de pelo” que a conselleira do Medio Rural responsabilice aos gandeiros e gandeiras da falla de contratos de mais dun ano coa industria. Explicou que o paquete lácteo establecía a sinatura destes contratos para garantir estabilidade diante da desaparición, nesta campaña, do sistema de cotas, o que non provocou mais que indiferenza por parte da Xunta.

Criticou o desleixo do goberno galego, que non puxo en marcha os instrumentos de inspección malia que nesta campaña só haxa 6 contratos, dun total de 8.000, de mais dun ano, e de que a industria teña mercado o leite xa sen contrato no mes de abril. García censurou que a conselleira insinuara hoxe que os gandeiros asinaban voluntariamente a renuncia aos contratos de longa duración e sen incorporar á figura do mediador.

Lamentou que “todo o instrumento político de toda unha Consellería é pedir sentidiño aos produtores para que non produzan de mais” e non teñan que pagar unha supertaxa nesta campaña que chegou a cualificar de “admisible pero non razoable”. O deputado socialista explicou que a súa falla de iniciativa é a razón pola que foi Feijóo quen tivo que ir asinar o acordo cos gandeiros en decembro e Rueda quen tivo que negociar cos pescadores do cerco.

Paquete lácteo

Ademais, a ausencia dunha política activa por parte do goberno ten pro0vocado que o sector estea hoxe “na mesma situación que en 2009”. Criticou que malia que o fin do sistema de cotas ten sido anunciado dende 2003 e confirmado en 2009, en pleno 2014 os gandeiros están padecendo unha nova baixa estacional dos prezos, e os produtores están “sen contrato”.

Responsabilizou á Consellería de deixar que Galicia teña que enfrontarse indefensa ao cambio do modelo produtivo, sen unha industria potente e cunha tremenda presión dos mercados, en franca inferioridade de condicións cos produtores franceses, que si teñen aplicado o paquete lácteo na súa totalidade.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar