Os socialistas acusan ao PPdeG de aproveitar a crise para acabar co sistema público de pensións e substituílo por plans privados

Os socialistas acusan ao PPdeG de aproveitar a crise para acabar co sistema público de pensións e substituílo por plans privados

Os socialistas acusan ao PPdeG de aproveitar a crise para acabar co sistema público de pensións e substituílo por plans privados

Carmen Gallego defendeu unha Proposición non de lei no Pleno para esixir a inmediata paralización das medidas que o Goberno Rajoy pretende aplicar ás pensións, porque suporán unha perda real de poder adquisitivo

Se en lugar de tomar de referencia a desviación do IPC se incrementan as pensións un 0,25% de xeito lineal os pensionistas perderán ata un 20% de poder adquisitivo en 10 anos

A portavoz de Política Social denuncia que o PP pretende que so se poida acceder a unha pensión digna a través do autofinanciamento e o que non teña recursos que se prepare para vivir a vellez na pobreza

Recrimina aos populares que fagan unha reforma sen consenso, rachando a cohesión social e reprocha a Rajoy ter metido a man no Fondo de Reserva da Seguridade Social, de recortar as pensións cando prometera non tocalas

Carmen GallegoA parlamentaria socialista, Carmen Gallego, recriminou aos populares a súa oposición a que prosperase unha proposición non de lei do PSdeG instando á Xunta a que se dirixa ao Goberno de España para esixir a inmediata paralización das medidas anunciadas en relación ás pensións, xa que implicarían unha baixada real e unha perda importante e pouco equitativa do poder adquisitivo para as persoas pensionistas galegas.

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista considera que “fraco favor lle faremos aos pensionistas” se Galicia, a comunidade coas pensións medias máis baixas do Estado, non lle fai chegar desde o seu Parlamento un rexeitamento á reforma das pensións que promove o Goberno de Rajoy.

Advirte Gallego a posta en marcha destas medidas anunciadas polo Executivo central suporán unha perda real “moi importante” do poder adquisitivo das persoas pensionistas. Segundo propuxo a ministra de Traballo en setembro pasado, o Goberno vai cambiar a lei para subir as pensións un 0,25% cada ano, en lugar de axustar a subida coa desviación anual do IPC, tal e como figura na lexislación vixente.

A consecuencia, cun IPC medio do 2% é que en 10 anos, os pensionistas perderán un 20% do seu poder adquisitivo. Ademais, subliña a parlamentaria promotora da iniciativa, esta reforma fai táboa rasa, porque non diferenza entre as pensións máis altas e as medias ou as mínimas.

Segundo a tendencia, denuncia Carmen Gallego, entre baixadas das pensións e unha reforma laboral que pon cada vez máis difícil poder acceder ao cobro dunha pensión, “o PP pretende que a alternativa a unha pensión digna sexa que cada cidadá se autofinancie no sector privado e, se non pode, se faga á idea de vivir a súa vellez na pobreza”.

Gallego acusa ao PP de “aproveitar a crise para acabar co sistema público de pensións e que sexa substituído en todo ou parte por plans privados de aforro”. A reforma afectará a case millón e medio de pensionistas actuais (o 18%) e adianta a entrada en vigor dos novos índices de 2014 a 2019, cando estaban previstos para 2027. O aforro que anuncia o Goberno é de 33.000 millóns de euros. Esquécense, outra vez, os populares de dicir que “cada vez que falan de aforro público o fan a conta dos cidadáns e non recortando gasto superfluo”, acusou a deputada socialista.

ALTERNATIVA

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista propuxo un xeito alternativo de atallar a cuestión do Sistema Público de Pensións. Así, recomendou que se use o Fondo de Reserva para cobertura dos desequilibrios cíclicos do sistema de pensións, en lugar de baixar as pensións.

Esixiu que se aplique a reforma en vigor, aprobada en 2011 cun amplo consenso e que xa conta con revisións quinquenais e correccións en función da esperanza de vida. Tamén propuxo que se corrixa a peor posición das mulleres no sistema de pensións, mellorando mínimas, as non contributivas e as de viuvez. A contía media das pensións das mulleres é un 40% inferior á dos homes.

Reclamou Gallego que calquera cambio no sistema de pensións debe de estar moi xustificado, e non pode danar a cohesión social que garante o actual sistema, con moito consenso, para garantir a paz social. Ademais non se pode facer de costas aos sindicatos e “nunca pode supoñer unha rebaixa das pensións”.

Neste sentido a deputada socialista recrimina aos populares que, desde a chegada de Rajoy ao Goberno, xa o 30 de novembro de 2012, o consello de Ministros aprobaba que non se actualizaran as pensións de acordo co IPC (+2,9%), logo de prometer na campaña electoral que non tocaría as pensións. Aquela decisión supuxo unha perda de poder adquisitivo do 3,8% ás pensións de menos de 1000€. Ese mesmo día, Rajoy cambiou a lei para “poder coller o diñeiro da hucha das pensións”, e “meteulle unha chantada de 7.300 millóns de euros” ao Fondo de Reserva da Seguridade Social.

Diante dos reproches populares á conxelación das pensións co Goberno Zapatero, Gallego Calvar argumentou que entre 2004 e 2010 as pensións mínimas subiron un 46%, a maior subida da democracia, revalorizáronse as pensións mínimas e as non contributivas co IPC e só conxelaron as demais un ano. Os socialistas tamén actualizaron a desviación do IPC a todas as pensións, incluídas as conxeladas (1,3% de 2010).

Recriminou aos populares que quixeran facer unha comparativa co PSOE en materia de pensións e recordoulles que foron os socialistas os que universalizaron o sistema público de pensións. Recordoulles tamén que no último período de Goberno socialista a o Fondo de Reserva pasou de 15.000M€ a 67.000M€ e non se tocou para nada en tres anos que tocou de xestión de crise. “Rajoy meteu a man nela no primeiro ano”, acusou Gallego.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar