Os socialistas acusan ao PP de provocar “alarma social” ao rexeitar unha iniciativa socialista para garantir o Risga

Os socialistas acusan ao PP de provocar “alarma social” ao rexeitar unha iniciativa socialista para garantir  o Risga

Os socialistas acusan ao PP de provocar “alarma social” ao rexeitar unha iniciativa socialista para garantir o Risga

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Beatriz Sestayo, acusou hoxe ao PP de provocar “alarma social” ao rexeitar unha iniciativa socialista para garantir a Renda de Integración Social –Risga-. Así o dixo no debate da  moción socialista para que a Xunta “asegure a cobertura inmediata” desta renda, que foi negada polo PP.

Dixo que actualmente hai 600.000 persoas en Galicia no umbral da pobreza, mentres o número de demandantes da Risga, 6.597 familias en 2010, aumentou un 32,5 por cento, de acordo coa conselleira de Benestar, situándose no entorno das 10.000 familias. Criticou que mentres na pasada lexislatura “o PP pedía dimisións por un retraso de 80 días no pago da Risga, hoxe tardan unha media de 7 meses e piden que aplaudamos”.

Sestayo criticou así que o PP rexeitara hoxe a proposta socialista para asegurar a “cobertura inmediata do dereito á percepción da Risga polas persoas nas que concorran os requisitos” ampliando o crédito orzamentario “para a devandita cobertura de acordo co aprobado nesta Cámara”, que grazas a unha emenda socialista aos orzamentos aumentou un 3 por cento ampliable.

Demora de 90 días

O PP tamén rexeitou hoxe “garantir que a resolución e o pago da prestación teña unha demora máxima de 90 días dende o rexistro da solicitude”, así como “que se publique trimestralmente na web a evolución da Risga en Galicia”.

Esta proposta tamén incluía a recuperación dos equipos de Inclusión Social das grandes cidades e do Consorcio das Mariñas, “recuperando os itinerarios de formación e inserción sociolaboral que se contemplaban nel, favorecendo a colaboración entre as administracións implicadas, entidades sociais e empresas colaboradoras na inserción laboral”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar