Os socialistas acusan ao PP de pretender resolver a cacicada de Alimentos Lácteos con un “metemos a pata” e rexeitando unha comisión de investigación que depure responsabilidades

Os socialistas acusan ao PP de pretender resolver a cacicada de Alimentos Lácteos con un “metemos a pata” e rexeitando unha  comisión de investigación que depure responsabilidades

Os socialistas acusan ao PP de pretender resolver a cacicada de Alimentos Lácteos con un “metemos a pata” e rexeitando unha comisión de investigación que depure responsabilidades

Pablo García, portavoz de Medio Rural, acusou a Romay e a Feijóo de impulsar este proxecto contra outro, que aglutinaba ao tecido cooperativo, pero non controlaban

O deputado socialista anunciou que seguirán presentando iniciativas para esclarecer como se gastaron os case 9 millóns que recibiu Alimentos Lácteos e que, a xuízo do socialista, serviron para que cobraran os concelleiros do PP e os gandeiros quedaran coa débeda

O portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista, Pablo García, censurou o voto negativo do Grupo Popular á iniciativa conxunta dos partidos da Oposición para a creación dunha comisión de investigación sobre as decisións políticas do Goberno galego en relación coa xestación de Alimentos Lácteo SA, das que se adoptaron ao longo da súa xestión e do destino das axudas públicas que durante todos estes anos lle concederon.

Na súa intervención, Pablo García, reprochou aos populares que Alimentos Lácteos naceu como “un proxecto político do PP fronte a outro proxecto que aglutinaba a todo o tecido cooperativo galego”. Para o deputado socialista “foi unha cacicada do sr. Feijóo e do Sr. Romay Beccaría, para beneficiar a uns alcaldes e concelleiros do Partido Popular e aos seus amigos” e insistiu en que “destruíron outro proxecto que si existía, e iso e así, non é manipulación”, aclarou polas acusacións da popular García Pacín na súa intervención.

O portavoz socialista tamén criticou a ausencia no debate da conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, á que “nin está nin se lle espera”. Segundo García, recriminou ao Grupo Popular que saíra á tribuna do Pleno “para dicir que a Oposición non está lexitimada para pedir unha comisión de investigación, despois de ter outorgado case 9 millóns de euros, que solo serviron para que os concelleiros do PP cobraran e os gandeiros quedaran coa débeda”.

Os concelleiros do PP “non se fan cargo agora da responsabilidade”, salienta García, que afirma que en sede xudicial afirman que, cando baixaban o prezo do leite, “facían o que se lle dicía no despacho do Secretario Xeral Medio Rural”.

Para o socialista, “non podemos liquidar máis de oito millóns de euros con un titular onde o presidente recoñece que hai que facer certa autocrítica, e onde o que fora conselleiro, Samuel Juárez, diga que el xa o sabía”.

Insistiu o deputado socialista no feito de que “non se resolve cun simple metemos a pata, porque actuaron deliberadamente para beneficiar aos concelleiros e amigos do Partido Popular” e anunciou que seguirán presentando iniciativas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar